Chlamydophila é un xénero de bacterias pertencente á familia Chlamydiaceae,[2] orde Chlamydiales, clase/filo Chlamydiae. As especies deste novo xénero estaban antes clasificadas no xénero Chlamydia. O establecemento deste xénero foi controvertido no seu momento e seguiu séndoo, ata que en 2015 se volveu a integrar o xénero de novo dentro de Chlamydia.

Máis información Chlamydophila, Clasificación científica ...
Chlamydophila
Clasificación científica
Dominio: Bacteria
Filo: Chlamydiae
Clase: Chlamydiae
Orde: Chlamydiales
Familia: Chlamydiaceae
Xénero: Chlamydophila
Especies[1]
  • Chlamydophila pneumoniae (Grayston et al. 1989) Everett et al. 1999
  • Chlamydophila pecorum (Fukushi and Hirai 1992) Everett et al. 1999
  • Chlamydophila psittaci (Lillie 1930) Everett et al. 1999
  • Chlamydophila abortus Everett et al. 1999
  • Chlamydophila felis Everett et al. 1999
  • Chlamydophila caviae Everett et al. 1999
Pechar

Taxonomía

O xénero Chlamydophila foi recoñecido en 1999,[3] e creado con seis especies que antes pertencían ao xénero Chlamydia (o cal quedou así só con tres especies). Todas as Chlamydiae son bacterias anaerobias cun ciclo de vida cun desenvolvemento en dúas fases que depende do seu crecemento intracelular obrigado en células hóspede eucarióticas.

Antes de 1999 o criterio para distinguir as especies de clamidias non era excluínte. Por exemplo, naquel momento o xénero Chlamydia era igual á familia Chlamydiaceae, xa que todas as especies estaban clasificadas nese xénero; C. psittaci distinguíase de C. trachomatis pola súa resistencia á sulfadiacina, aínda que non todas as C. psittaci eran resistentes; C. pneumoniae clasificábase pola súa aparencia vista con microscopio electrónico e a súa capacidade de infectar aos humanos, aínda que o aspecto visto ao microscopio electrónico difería dun grupo de investigación a outro, e todas estas especies infectaban aos humanos.

A taxonomía sistemática establecida para as Chlamydiae en 1999 utiliza os criterios postos ao día e imperantes actualmente na clasificación das bacterias, como a reasociación ADN-ADN, semellanza nos xenes dos ARNr 16S e 23S, agrupamento con semellanza de secuencia de xenes codificantes de proteínas, e tamaño do xenoma. Tamén se empregan criterios de complementarios, como a detección de antíxenos,[4] tinguidura do glicóxeno, asociación co hóspede, e morfoloxía vista con microscopio electrónico, dependendo da súa aplicabilidae e dispoñibilidade. En 1999, moitas cepas de Chlamydia foron reorganizadas e asignadas ao xénero novo Chlamydophila.

As análises de xenómica comparativa identificaron gran cantidade de proteínas sinatura que só están presentes en especies do xénero Chlamydia ou Chlamydophila, o que apoia a distinción destes xéneros.[5] Con todo, esta visión foi posta en dúbida por unha análise de xenoma completo máis recente, que fixo que algúns autores propuxeran volver a "reunificar as Chlamydiaceae nun só xénero, Chlamydia".[6] Esta controversia na nomenclatura continuou durante varios anos.[7] Finalmente, en 2015 a inclusión das especies do xénero Chlamydophila de novo no xénero Chlamydia foi aceptada de forma xeral.[8] [9][10] [11]

Diferenciación de Chlamydophila

A semellanza na reasociación ADN-ADN media que distingue Chlamydophila de Chlamydia é 10,1% (95% intervalo de confianza = 6,8 a 13,5), o que se considera un vaor aceptable para separar os dous xéneros.

A diverxencia entre Chlamydophila e Chlamydia indícase pola agrupación con semellanza de secuencia de xenes de proteínas codificadas e de ARN ribosómico. As secuencias dos xenes de ARNr 16SA de Chlamydophila e Chlamydia son idénticos en aproximadamente un 95%. Porén, o 95% non é un punto de corte para separar as Chlamydiaceae, senón só unha guía para establecer novos xéneros dentro das familias das clamidias. Os xenes de ARNr 23S de lonxitude completa de Chlamydophila e Chlamydia son idénticos en menos do 95%.

Máis información Xénero, Tamaño do xenoma aproximado (millóns de pares de bases de ADN) ...
Algúns criterios moleculares para distinguir os xéneros das Chlamydiaceae
XéneroTamaño do xenoma aproximado
(millóns de pares de bases de ADN)
Glicóxeno detectableNúmero de operóns ribosómicos
Chlamydophila 1,2Non1
Chlamydia 1,0 Si2
Pechar

Especies

Son características específicas de especie tipicamente a morfoloxía vista con microscopio electrónico, resistencia a antibióticos, e plásmidos extracromosómicos.

Chlamydophila comprendía as seguintes especies:

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.