Chiquinquira é un concello colombiano, capital da provincia de Occidente no departamento de Boyacá, que se atopa no val do río Suárez, a 134 km ó norte de Bogotá e a 73 km de Tunja, a capital do departamento. Con 65 274 habitantes é o cuarto concello máis poboado do departamento, despois de Tunja, Duitama e Sogamoso (que superan os 100 000 habitantes). É o centro económico e comercial da rexión occidentel do departamento de Boyacá, á que prové de materiais, alimentos elaborados, roupa, téxtiles e produtos agroveterinarios. É a sede da Basílica da Virxe de Chiquinquirá pertencente á Igrexa católica, que visitou o Papa Xoán Paulo II en 1986. É un destino turístico do centro do país, pois moitos visitantes e peregrinos chegan á cidade para visitar, entre outros, a basílica e a imaxe da Virxe María exhibida no seu interior.
Datos rápidos Localización, Capital de ...
Pechar