aeroliña chinesa From Wikipedia, the free encyclopedia
China Southern Airlines (chinés simplificado: 中国南方航空公司; chinés tradicional: 中國南方航空公司) é unha aeroliña chinesa baseada en Guangzhou. É a sexta aeroliña máis grande do mundo en número de pasaxeiros transportados, e a máis grande de Asia en pasaxeiros e número de avións. Tamén é a cuarta aeroliña do mundo en tráfico doméstico. Dende os seus dous principais centros de operacións nos aeroportos de Guangzhou Baiyun e Beijing Capital, a aeroliña voa a 121 destinos usando 422 avións.
China Southern Airlines | ||
---|---|---|
IATA CZ | OACI CSN | Indicativo CHINA SOUTHERN |
Fundación | 1988 | |
Plan de voo frecuente | Sky Pearl Club | |
Alianza | SkyTeam | |
Frota | 368 | |
Destinos | 200 | |
Holding | China Southern Airlines Co., Ltd. | |
Páxina web: http://www.csair.com |
China Southern Airlines creouse o 1 de xullo de 1988 despois da reestruturación da Administración Chinesa de Aviación Civil. Dende entón, a compañía adquiríu e fusionouse con varias aeroliñas domésticas, converténdose nunha das tres máis grandes do país (xunto con Air China e China Eastern Airlines). China Southern Airlines é membro da alianza SkyTeam.
En 2010 China Southern Airlines transportou a 76,5 millóns de pasaxeiros e tivo uns beneficios de 883 millóns de dólares.
China Southern Airlines voa a 193 destinos en 35 países distintos de todo o mundo. Mantén unha forte presenza no mercado doméstico cos seus centros de conexión principais no Aeroporto Internacional de Pequín-Capital, no Aeroporto Internacional de Cantón-Baiyun, o Aeroporto Internacional de Chongqing Jiangbei e o Aeroporto Internacional de Urumchi-Diwopu, xunto con outras cidades centrais como Changchun, Changsha, Dalian, Shanghai, Shenyang, Shenzhen, Wuhan e Zhengzhou. Os plans da aeroliña pasan por continuar desenvolvendo Chongqing e Urumchi como centros de conexión ademais de explotar o potencial do mercado doméstico.
China Southern actualmente oferta 485 diarios dende o seu centro de Guangzhou e 221 dende o de Pequín. A aeroliña proporciona servizos a 65 destinos internacionais. A meirande parte destes unen Guangzhou con cidades de todo o mundo. Tamén ten moitos outros voos internacionais operado a través de Pequín, Urumchi (sobre todo cara Asia Central) e Dalian (cara ao Xapón, Corea do Sur e Rusia). China Southern Airlines desenvolveu unha extensa rede cara ao sueste asiático e tamén se converteu na aeroliña chinesa con maior presenza en Australia. China Southern está tamén considerando espandirse cara ao mercado suramericano, ademais de dirixirse cara ao africano.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.