From Wikipedia, the free encyclopedia
Cheryl Rae Tiegs, nada en Breckenridge, Minnesota, o 25 de setembro de 1947 é unha modelo e deseñadora de moda estadounidense. Frecuentemente é descrita como a primeira supermodelo dos Estados Unidos,[1][2][3] é coñecida polas súas múltiples aparicións nas portadas de Sports Illustrated Swimsuit Issue e Time[4][5][6] e polo seu póster de 1978 cun bikini rosa, que se converteu nunha imaxe icónica da cultura popular de década de 1970.[7][8]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de setembro de 1947 (77 anos) Breckenridge, Estados Unidos de América (pt) |
Educación | California State University, Los Angeles (en) Alhambra High School (en) |
Altura | 178 cm |
Cor dos ollos | Azul |
Cor do pelo | Louro |
Actividade | |
Campo de traballo | Modelaxe, Deseño de moda e Actuación |
Ocupación | actriz, modelo, deseñador de moda |
Familia | |
Cónxuxe | Rod Stryker (1998–2001) Peter Hill Beard (1981–1983) Stan Dragoti (1970–1979) |
Irmáns | Cecilia Peck |
|
Tiegs naceu en Minnesota, filla de Phyllis e Theodore Tiegs. A familia mudouse a Alhambra, California, en 1952. Cando estaba no Alhambra High School, Tiegs posou para un anuncio de traxes de baño para a compañía Cole. O anuncio, que apareceu na revista Seventeen, lanzou a súa carreira como modelo. Aínda que se matriculou en inglés na Universidade Estatal de California nos Ánxeles, deixou os estudos para buscar o éxito como modelo.[9][10]
O éxito chegoulle aos dezasete anos, despois de que a directiva da revista Glamour vise o anuncio de Cole. Tiegs foi contratada para unha sesión de fotos en Saint Thomas con Ali MacGraw, que supuxo a súa primeira portada en Glamour.[9] Ese mesmo ano apareceu nas portadas de Seventeen e Elle. Posteriormente apareceu en Vogue e Harper's Bazaar, entre outras.[11]
Tiegs foi a primeira modelo que apareceu en dúas ocasións na portada de Sports Illustrated Swimsuit Issue,[12] mais a súa sona aumentou en 1978 ao posar cun traxe de baño de malla.[13] Ademais saíu na portada de People catro veces,[14] e tres veces na de Time, destacando especialmente a portada de 1978 do artigo "All-American Model".[4] Un ano máis tarde asinou un contrato de dous anos por un millón e medio de dólares coa empresa de cosméticos CoverGirl, nese momento o maior contrato da historia.[15] En 2004 foi incluída no "Salón da Fama" do corenta aniversario do Sports Illustrated Swimsuit Issue,[16] e en 2008 apareceu na lista de People das cincuenta persoas máis belas,[17] e no artigo de 2012 de Men's Health "100 Hottest Women of All Time".[18]
Tiegs casou en catro ocasións, co executivo de publicidade Stan Dragoti (1970–79); co fotógrafo Peter Beard (1981–83); co aspirante a actor Anthony Peck (1990–94), fillo de Gregory Peck; e co instrutor de ioga Rod Stryker (1998–2001). Tivo tres fillos: Zackary, con Peck, e os xemelgos Theo e Jaden, concibidos mediante maternidade surrogada cando estaba casada con Stryker.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.