parroquia civil do concello do Porriño From Wikipedia, the free encyclopedia
San Xoán de Chenlo é unha parroquia que se localiza no concello do Porriño. É unha das 9 entidades locais menores de Galiza. Segundo o padrón municipal de 2008 tiña 522 habitantes (268 homes e 254 mulleres, distribuídos en 17 entidades de poboación, o que representa unha diminución en relación ós anos 2004, cando tiña 549 habitantes, e 1999, con 532.
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Chenlo.
Máis información Entidade local menor, Concello ...
Entre 1812 e 1821 pertenceu ao concello de Mosende (1812-1821) no que reclamou manterse sen éxito. En 1836 pasou a formar parte do concello do Porriño. En 1920 constituíuse como Entidade local menor[2].
A entidade local menor de Chenlo está rexida por un alcalde pedáneo e catro vogais. O alcalde é elixido nas eleccións municipais pero de xeito diferenciado. A elección de vogais é resultado dos votos acadados polos partidos políticos no ámbito parroquial.
Nas eleccións municipais de 2019 a formación máis votada foi o PP co 71,6% dos votos; polo que lle corresponden a presidencia e os catros vogais[3].
Presidente Alcalde Pedáneo: Jacobo Alonso Iglesias (PP)
Vogais: Aida Oya (PP), Jonathan Portela (PP), Daniel Pérez (PP), Francisco Domínguez (PP)
Eleccións na Entidade Local Menor de Chenlo
1987. Alcalde Pedáneo: José Ramón Lorenzo Rodríguez (PP)
1991. Alcalde Pedáneo: José Ramón Lorenzo Rodríguez (PP)
2003. Alcalde Pedáneo: José Ramón Lorenzo Rodríguez (PP). Trala morte de José Ramón Lorenzo Rodríguez en xullo de 2005, José Portela asumiu o cargo de presidente[7].