O chasco común (Saxicola rubicola, antes S. torquata, S. torquatus ou S. torquatus rubicola),[1] é unha pequena ave paseriforme membro da familia Muscicapidae, dos papamoscas do Vello Mundo, (antes incluída en Turdidae). Este é aínda un taxón controvertido xa que só recentemente se propuxo considerala como especie independente, Saxicola rubicola, como resultado de estudos de secuenciación de ADN, recibindo aceptación diversa. Recibe tamén os nomes de chasca, chaschás e charra[2].

Máis información Clasificación científica, Nome binomial ...
Chasco común
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Muscicapidae
Xénero: Saxicola
Especie: S. rubicola
controvertida, vexa texto

Nome binomial
Saxicola rubicola
(Linnaeus, 1766)
Sinonimia

vexa texto

Pechar

Descrición

O chasco e mailo carrizo
e mailo escarabello,
andaron a moquetes
no medio do aparello.

Popular[3]
Thumb Thumb
Macho (esquerda) e femia (dereita)
Thumb
Saxicola rubicola

O chasco europeo é algo menor có paporroibo. Ambos os dous sexos teñen as ás curtas, máis curtas cás do chasco siberiano (Saxicola maurus) e o chasco rabipinto (Saxicola rubetra) que son máis migratorias. No verán o macho ten o lombo e maila testa negros, a gorxa e mailo peito alaranxados, o bandullo e o baixo ventre brancos. Ten tamén parches brancos nos lados do pescozo, un pequeno parche branco na escápula da á e un moi pequeno parche branco na rabadilla, a miúdo veteado con negro. A femia ten as partes dorsais e a cabeza dunha cor marrón máis clara e sen parches brancos no pescozo, a rabadilla ou a barriga, estas áreas son de marrón claro veteadas de castaño escuro, a única cor branca é a do parche escapular nas ás e mesmo a miúdo este é de cor branca-parduzca.

Hábitat e distribución

O chasco aniña nas carrasqueiras ou queirugais, dunas costeiras e sebes formadas por pasteiros ásperos con pequenas matogueiras e silvas dispersos, espiños, herbas altas ou carrasqueiras abertos. Son non migratorias ou migrantes de curta distancia, con parte da poboación que se move ao sur para invernar máis ao sur en Europa, e máis amplamente no norte de África e no Medio Oriente até Irán.[4]

Dentro da Península Ibérica Galicia é un dos territorios que abrangue unha maior poboación desta especie. Atópase amplamente espallada nas sebes rurais e nas matogueiras de toxos, silvas, xestas etc.[5]

Vocalización

O macho ten un reclamo chasqueante, como de pedras que baten entre si, seguido dun asubío; un "tsack-tsack" - "uuiit" persistente. O canto é alto e chirlante coma o da azulenta (Prunella modularis).

Taxonomía

Segundo estudos a nivel de ADN,[6][7][8][9][10] Saxicola torquatus, require ser dividida en varias especies debido a que é parafilética respecto das especies recoñecidas S. tectes e S. dacotiae, e pola diferenciación, illamento e diverxencia xenética entre as súas subespecies. Entre as novas especies que se establecen están Saxicola maurus e Saxicola rubicola. Mais a proposta, que recibiu a aceptación dalgún organismo,[11] aínda non foi amplamente aceptada,[12] pero o Grupo de Traballo Taxonómico de BirdLife International revísaa.[13]

Acéptanse dúas subespecies dubidosas: S. r. rubicola no sur da área de distribución, e S. r. hibernans do occidente e noroeste de Europa, notablemente nas áreas costeiras atlánticas. Son moi semellantes e dificilmente diferenciables, mais ao análise da pegada xenética (fingerprinting) de microsatélites de ADN nuclear revela algún grao de separación.[7] Estas dúas razas atópanse xuntas no occidente, o centro e o sur de Europa, o extremo noroeste de África e o occidente de Turquía.

Parentescos

Ten relación próxima con algunhas especies, varias das cales son ben semellantes a esta:

  • Saxicola maura, chasco siberiano
  • Saxicola torquata, chasco africano
  • Saxicola tectes, chasco de Reunión
  • Saxicola dacotiae, chasco canario

No pasado, estas eran consideradas coespecíficas chasco europeo, e mesmo até recentemente esta xunto coas dúas primeiras foron agrupadas, en S. torquata (chasco común). Unha nova revisión coa adición de evidencias por análises de secuencias de citocromo b de ADN mitocóndrico e de secuencias de pegada xenética (fingerprinting) de microsatélites de ADN nuclear[7][9] apoia fortemente a separación en especie distintas.[14] Obsérvese que os datos moleculares non foron adquiridos de espécimes Saxicola torquata torquata senón de S. t. axillaris; e por un curto tempo, o nome S. torquata foi erroneamente empregado por eses investigadores para o chasco europeo.

Esta especie xunto coas especies de chasco siberiano e canario constitúen representantes occidentais e orientais dunha liñaxe euroasiática do complexo de especies de Saxicola torquata. As poboacións de Asia e Europa separáronse durante o Plioceno Tardío ou o Plistoceno Inferior, aproximadamente 1,5-2,5 millóns de anos atrás, e as Illas Canarias foron colonizadas por aves do occidente de Europa dende o noroeste de África, separándose o chasco canario algo máis tarde durante o Plistoceno Inferior, preto de 1-2 millóns de anos atrás.[7]

Notas

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.