ornitólogo estadounidense From Wikipedia, the free encyclopedia
Charles Wallace Richmond, nado o 31 de decembro de 1868 en Kenosha, capital do condado de Kenosha, en Wisconsin, e finado o 19 de maio de 1932 en Washington, D.C., foi un ornitólogo estadounidense.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 31 de decembro de 1868 Kenosha, Wisconsin |
Morte | 19 de maio de 1932 (63 anos) Washington, D.C., Estados Unidos de América |
País de nacionalidade | estadounidense |
Formación profesional | Licenciado en Medicina |
Educación | Universidade de Georgetown |
Q89547790 | Richmond Index (Índice de Richmond), recompilación dos nomes latinos das aves |
Actividade | |
Ocupación | ornitólogo |
Empregador | Instituto Smithsoniano |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Richmond |
Charles Wallace Richmond naceu en Kenosha, Wisconsin, e era o fillo máis vello de Edward Leslie e Josephine Ellen Richmond. A súa nai morreu cando el tiña 12 anos. Seu pai, que era empregado do correo ferroviario, mudouse a Washington, D.C. traballando na imprenta do goberno. O pai volveu casar e o mozo C. W. Richmond tivo que coidar dos seus medio irmáns. Durante a súa xuventude, ao deixar a escola, obtivo ingresos adicionais para a familia traballando como axudante na Cámara de Representantes. Aos 15 aos conseguiu un posto como mensaxeiro no Servizo Xeolóxico dos estados Unidos. Estudou medicina na Universidade de Georgetown, graduándose como médico en 1897. Ao ano seguinte casou con Louise H. Seville.[1]
Mentres aínda estaba na escola en Wisconsin recollera ovos de paxaros da familia dos tiránidos, que levou a Washington cando se mudou alí, en 1881.[2] Visitou o Museo da Smithsonian Institution e, ao ver a súa gran colección de niños e ovos, deuse de conta de que nunca conseguría reunir unha colección como aquela, e decidiu entregar as súas propias coleccións ao Museo. Isto fixo que coñecera a Robert Ridgway. Posteriormente tratou a Ridgway a miúdo, que influíu grandemente nel cando era aínda moi noviño. O seu traballo na Cámara de Representantes permitiulle consultar a súa biblioteca, que tiña unha boa colección de libros sobre aves. Foi empregado na sección de ornitoloxía no Departamento de Agricultura dos Estados Unidos.[2] Despois dunha viaxe de recolección a Nicaragua, uniuse ao persoal do Museo Nacional dos Estados Unidos en Washington, D.C.,[1][2] como vixilante nocturno.
Alí foi ascendido a axudante, e despois a asistente no departamento de aves. En 1894 foi conservador asociado de aves e, en 1818, conservador asociado. Foi ascendido a conservador en 1929, pero deu un paso atrás para permanecer como conservador asociado, para que Herbert Friedmann puidese ser conservador.[2]
Richmond comezou a facer un catálogo de aves cando tiña 21 anos, e continuou con este traballo durante toda a súa vida.[1][3]
En canto á investigación, centrouse en nomear ás autoridades para os nomes das aves, sendo considerado o principal experto no tema. O seu catálogo segue a ser hoxe utilizado polos ornitólogos.[2]
O nome científico do paseriforme Richmondena cardinalis foi nomeado no seu honor.[4]
A abreviatura Richmond emprégase para recoñecer a Charles Wallace Richmond como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.