xénero de aves From Wikipedia, the free encyclopedia
Centrocercus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.[1]
Centrocercus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Centrocercus urophasianus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||||
|
Comprede dúas especies que habitan zonas abertas de América do Norte.
O xénero foi descrito en 1832 polo naturalista inglés William John Swainson,[1] en FaunaBor.-Am. 2: 358-496.[2]
Actualmente recoñécense no xénero dúas especies,[1] coas subespecies que se indican:
O xénero tipo é Centrocercus urophasianus, que foi descrito en 1827 por Bonaparte en Zool .J. 3: 213, baixo o nome de Tetrao urophasianus Bonaparte,[4] sendo máis tarde reclasificado no xénero Centrocercus.
Viven en pradarías en zonas abertas de América do Norte. A especie Centrocercus urophasianus ocupa unha ampla área no norte, centro e oesta dos Estados Unidos, así como nas provincias canadenses de Alberta e Saskatchewan.[5]
Pola contra, a área de dispersión de Centrocercus minimus está restrinxida a unhas pequenas zonas do oeste de Colorado e do sueste de Utah.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.