![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Centrales_nucleares_Espa%25C3%25B1a.png/640px-Centrales_nucleares_Espa%25C3%25B1a.png&w=640&q=50)
Central nuclear de Regodola
From Wikipedia, the free encyclopedia
A central nuclear de Regodola foi un proxecto de central nuclear que non chegou a ser construída, situada no concello lucense de Xove, na Mariña Occidental. En 1976 concedeuse a licenza de instalación, pero a chegada do PSOE ao goberno do Estado en 1982 e a conseguinte moratoria nuclear en 1984 paralizaron de xeito definitivo as obras.[1][2] Tiña unha potencia prevista de 1000 MW.[3] Foi o único proxecto de establecer unha central nuclear en territorio galego.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d2/Centrales_nucleares_Espa%C3%B1a.png/640px-Centrales_nucleares_Espa%C3%B1a.png)