Centenario do Celta de Vigo
Centenario do Celta de Vigo, equipo de fútbol / From Wikipedia, the free encyclopedia
O centenario do Celta fai referencia ao conxunto de actos e celebracións realizadas polo Real Club Celta de Vigo para conmemorar os cen anos desde a súa fundación o 23 de agosto de 1923. Durante os últimos meses de 2022 anunciáronse os primeiros actos e comezaron os preparativos. A presentación formal realizouse o 16 de novembro de 2022 na Sede sita na rúa do Príncipe, onde se presentou o cartaz do Centenario e se comezaron a debullar os futuros actos. Durante o ano 2023, programáronse diferentes actividades sociais, culturais e deportivas para conmemorar os cen anos do equipo vigués.
As actividades deportivas centráronse principalmente na pretempada da Primeira División 2023-24. Desputáronse diferentes amigábeis, coma a Copa Centenario, que enfrontou ao Celta co Olympique Lyonnais; ou o Partido de Lendas, que enfrontou a diferentes futbolistas e exfutbolísticas históricos do club celeste fronte a outros exfutbolistas da elite mundial.
As aspiracións deportivas para o ano do centenario pasaban por unha mellora dos resultados e unha aposta por xogadores e adestradores contrastados, o cal levou a contratar a Rafa Benítez como director técnico. Benítez pasou a se converter no adestrador mellor pagado das historia do club. Porén, os resultados non acompañaron e rematou por se producir a ulterior destitución, dando paso ao adestrador do Celta Fortuna, Claudio Giráldez.
Outras actividades destacadas do Centenario foron a audiencia do cadro de xogadores co Papa Francisco en Roma, a exposición "Gol e Arte" no Museo do Mar de Vigo, a publicación dun documental e dun libro do Centenario[lower-alpha 1], así como outros eventos culturais, concertos e actividades no estadio.