Os Coelenterata ou celenterados (tamén chamados celentéreos) é a denominación dun grupo taxonómico hoxe obsoleto, que xa non se usa nas clasificacións modernas. Durante un tempo comprendía o grupo dos Cnidaria e Ctenophora [1][2][3], que se consideraban diblásticos e radiados. Despois, os Ctenophora foron separados e o termo pasou a utilizarse como sinónimo de Cnidaria,[4][5] pero nas clasificacións modernas o termo foi abandonado en favor de Cnidaria.[6]

Para a información sobre os cnidarios (augamares ou medusas, pólipos de coral, anemones etc.) ver Cnidaria.
Máis información Coelenterata, Clasificación científica ...
Coelenterata

Arriba, os Ctenophora, como Beroe spp. da imaxe foron nalgún tempo considerados celenterados. Abaixo, o Cnidaria Aequorea. Celenterado e cnidario foron considerados sinónimos, ao separar do grupo aos ctenóforos.


Clasificación científica
Reino: Animalia
Subreino: Eumetazoa
(sen clasif.) Coelenterata
Filos

Ctenophora
Cnidaria

Pechar

O nome procede do grego koilos, "oco", referíndose á súa cavidade interna, e de enteron, "intestino". Esta cavidade interna é o celénteron ou cavidade gastrovascular.

Relacións filoxenéticas

Artigos principais: Cnidaria e Ctenophora.

Xa en 1866 se propuxo que Cnidaria e Ctenophora estaban máis relacionados entre si que cos animais bilaterais (Bilateria) e formouse con eles o grupo dos Coelenterata. En 1881 propúxose que Ctenophora e Bilateria eran grupos próximos, pero as análises recentes desbotan esta idea e polo contrario indican que son os Cnidaria os que están máis próximos aos bilaterais.[7][8] A estrutura diblástica e a presenza dunha soa abertura corporal e cavidade fixera crer que os cnidarios e os ctenóforos estaban relacionados. Pero agora sábese que a estrutura embrionaria de cternóforos e cnidarios non está relacionada, e tampouco hai outros datos que demostren que ambos os grupos comparten un devanceiro común. Hoxe hai un acordo xeral en que a similitude entre Ctenophora e Cnidaria (a forma medusoide) débese a converxencia evolutiva debida ao feito de estaren os dous grupos adaptados á vida peláxica. Os ctenóforos bentónicos non se parecen en absoluto aos pólipos. Os ctenóforos carecen de ciclo metaxénico de vida e dos cnidoblastos característicos dos cnidarios, pero teñen coloblastos. As análises filoxenéticas indican que Ctenophora e Cnidaria son grupos separados [9].

Pola súa parte, a posición dos Ctenophora dentro do reino animal foi debatida durante longo tempo e aínda non está de todo clara e propúxose que eran unha rama irmá dos Bilateria [10][11], irmá dos Cnidaria [12][13][14][15], irmá dos Cnidaria, Placozoa e Bilateria [9][16][17], ou irmá de todo o resto dos filos animais [18][19][20].

En consecuencia, Cnidaria e Ctenophora considéranse filos separados, e o termo Coelenterata englobando a ambos considérase parafilético e non válido taxonomicamente. Celenterado como sinónimo de cnidario aínda segue aparecendo en moitos libros, pero como termo taxonómico debe usarse Cnidaria.

Para complicar máis este asunto, un traballo de 1997 de Lynn Margulis (revisando un modelo previo de Thomas Cavalier-Smith) sitúa a Cnidaria e Ctenophora sós dentro da rama dos Radiata do subreino Eumetazoa.[21] Os eumetazoos comprenden todos os animais excepto os Porifera (esponxas), Trichoplax, e os aínda pouco comprendidos Mesozoa. Ningunha agrupación é aceptada universalmente;[6] pero poden atoparse na literatura taxonómica. A hipótese dos Coelenterata como grupo foi recentemente reavivada baseándose en datos molecuares, que situarían aos celenterados como un grupo irmán monofilético dos Bilateria.[22]

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.