![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b0/Beluga_Caviar.jpg/640px-Beluga_Caviar.jpg&w=640&q=50)
Caviar
From Wikipedia, the free encyclopedia
Denomínase caviar (en farsi خاویار, khāviār, en ruso чёрная икра, chiórnaia ikrá) a un alimento elaborado a partir das ovas ou míllaras dos esturións, concretamente das especies orixinarias dos ríos e lagos do leste de Europa e da Asia Central, que se destinan ao consumo humano.
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b0/Beluga_Caviar.jpg/320px-Beluga_Caviar.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/2/2c/Caviar_spoon_black.jpg/640px-Caviar_spoon_black.jpg)
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/11/Seven_types_of_caviar.jpg/640px-Seven_types_of_caviar.jpg)
Das vinte e cinco especies existentes de esturión, tres pódense capturar no mar Caspio: Beluga, Ossetra e Sevruga.
O elevado prezo dalgunhas das súas variedades é consecuencia da rareza ou escasa dispoñibilidade desta delikatessen gastronómica, e chegou a superar os 12 000 € o quilogramo en 2011.[1]
Pode consumirse só, ou dándolle toques a algunhas preparacións culinarias.
Ademais dos caviares auténticos tamén existen sucedáneos feitos a base de ovas doutros peixes, como lumpo, bacallau, salmón ou muxo), ás que se lles engade un colorante negro.