Catwoman é un personaxe ficticio creado por Bill Finger e Bob Kane quen aparece nos cómics estadounidenses publicados por DC Comics, xeralmente en asociación co superhéroe Batman. Debutando como "The Cat" en Batman #1 (primavera 1940), é un dos inimigos que máis aparece nas aventuras do Cabaleiro Escuro (Batman). Con todo, o personaxe tamén foi descrito como unha antiheroina e convértese no interese amoroso máis coñecido de Batman, con moitas historias describindo a súa complexa relación de amor-odio.[4]
Catwoman | |
---|---|
Debut de Eartha como Catwoman na serie de Batman do 66. | |
Información editorial | |
Editorial | DC Comics |
Primeira aparición | Batman #1 (primavera de 1940; publicado o 25 de abril de 1940)[1] |
Creadores | Bill Finger Bob Kane |
Biografía ficticia | |
Alter ego | Selina Kyle |
Equipos | Justice League Batman Family Outsiders Gotham City Sirens Birds of Prey Injustice League |
Compañeiros | Batman Holly Robinson |
Parellas | Batman |
Familia | Helena Kyle (filla biolóxica na Terra 2) Rex Calabrese (pai) Maggie Kyle (irmá) |
Outros alias | The Cat Selina Calabrese[2] Irena Dubrovna[3] |
Habilidades e poderes |
|
Catwoman é o alter ego de Selina Kyle, unha ladroa de Gotham City que usualmente usaba un traxe axustado dunha peza e usaba un látego como arma. Orixinalmente era unha supervilá e adversaria de Batman, pero apareceu nunha serie homónima en 1990 que a retrataba como unha antiheroína, a miúdo cunha filosofía moral utilitaria. O personaxe prosperou nas súas primeiras aparicións, pero tivo unha extensa pausa desde setembro de 1954 a novembro de 1966 debido ao desenvolvemento de Comics Code Authority en 1954. Isto afectou as regras sobre o desenvolvemento e a representación dos personaxes femininos que violaban o Comics Code, este código xa non está en uso. Nos cómics ademais de Selina Kyle, Holly Robinson e Eiko Hasigawa adoptaron a identidade de Catwoman.[5][6]
Noutros medios de comunicación
Catwoman fixo o seu debut no 1966 na serie de televisión Batman, retratada por Julie Newmar; era tamén retratada por Lee Meriwether na adaptación do filme e por Eartha Kitt na terceira temporada. O personaxe máis tarde apareceu en Batman volve de Tim Burton , retratada por Michelle Pfeiffer. O filme en solitario de Catwoman foi estreado en 2004 no cal foi retratada por Halle Berry. Anne Hathaway retratou o personaxe en Christopher Nolan en O cabaleiro escuro: a lenda renace. Foi retratada por Zoë Kravitz no filme de Matt Reeves The Batman. Catwoman tamén apareceu na serie de televisión Gotham (2014–2019), no cal foi retratada por Camren Bicondova e Lili Simmons (adulto).
Recepción
Catwoman foi clasificada no nº 11 en IGN na lista "Os 100 mellores villanos de cómics de todos os tempos",[7] e no nº 51 na revista Wizard na lista "Os 100 mellores villanos de todos os tempos".[8] E ao revés, tamén foi clasificada no nº 20 en IGN na lista "Os 100 mellores superheróes de cómics de todos os tempos".[9]
Notas
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.