especie de planta From Wikipedia, the free encyclopedia
Catharanthus roseus é unha especie de Catharanthus nativa e endémica de Madagascar. Entre os seus sinónimos inclúense Vinca rosea (o basónimo), Ammocallis rosea, e Lochnera rosea.[1][2]
Catharanthus roseus | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Catharanthus roseus | |||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
É un arbusto ou planta herbácea sempre verde, que alcanza unha altura de 1 m. As follas son de ovais a oblongas, de 2,5 a 9 cm de lonxitude e de 1 a 3.5 cm de anchura, de cor verde brillante, sen pelos, cun nervio central pálido e un curto peciolo de 1 a 1,8 cm de lonxitude; disponse en pares opostos. As flores constan dunha corola de até 5 centímetros de diámetro formada por cinco pétalos, unidos na súa base a un tubo que pode ser tan longo como o diámetro corolino. O cáliz está formado por cinco sépalos lineares, curtos, de menos de 1 cm de lonxitude. Nas plantas silvestres a corola é de cor rosada claro, máis raramente brancas, coa base dos pétalos máis escura. As variedades ornamentais poden mostrar tons máis intensos de rosa ou combinacións de tons.
O froito está formado por dous folículos de 2 a 4 cm de longo e 5 mm de ancho, dehiscentes por unha sutura lonxitudinal na súa cara interior. As sementes teñen un papo que lles axuda na súa dispersión anemócora.[3][4][5][6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.