![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b1/RodaIsavena-catedralRoda-3346FUL.jpg/640px-RodaIsavena-catedralRoda-3346FUL.jpg&w=640&q=50)
Catedral de Roda de Isábena
From Wikipedia, the free encyclopedia
A Catedral de San Vicente mártir de Roda de Isábena é unha catedral románica que foi sede da diocese de Roda-Barbastre entre 887 e 1149, ano no que foi trasladada ó bispado de Lleida. Roda é a localidade española máis pequena cunha sede catedralicia, se ben deixou de ser sede episcopal no ano 1851 e actualmente só é un centro parroquial aberto a culto.
Catedral de Roda de Isábena | |
---|---|
![]() Vista exterior co pórtico e a torre barrocos e a ábsida románica. | |
Datos xerais | |
País | ![]() |
Rexión | ![]() |
Tipo | Catedral |
Advocación | San Vicente |
Localización | Roda de Isábena |
Coordenadas | 42°17′29″N 0°31′42″L |
Catalogación | Monumento nacional |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Diocese católica latina de Lleida |
Arquitectura | |
Construción | XI-XII |
Estilo | Románico longobardo |
[ editar datos en Wikidata ] |
O edificio data dos séculos XI e XII, aínda que foi obxecto de importantes reformas no século XVIII, no cal se construíu o pórtico sur e a torre que destaca nesa fachada. Consérvase o sepulcro de San Ramón de Roda, que foi bispo de Roda-Barbastre, e a furna funeraria de San Valero, bispo de Zaragoza.
Foi declarada Monumento Nacional en 1924.[1] O seu valor histórico e cultural converteuna nun centro de atracción turística.