From Wikipedia, the free encyclopedia
A Catedral Metropolitana da Asunción da Santísima Virxe María aos ceos da Cidade de México, tamén coñecida como Catedral da Asunción de María de México, Catedral Metropolitana da Cidade de México ou, coloquialmente, a Catedral, é a sede da Arquidiocese Primada de México e localízase no lado norte da Praza da Constitución (o Zócolo) no centro histórico da Cidade de México, na demarcación ou alcaldía Cuauhtémoc. Ao formar parte do mencionado conxunto arquitectónico nesa área da cidade é Patrimonio da Humanidade desde 1987.
Catedral da Asunción de María de México | |
---|---|
Fachada principal e sagrario metropolitano | |
Datos xerais | |
País | México |
Advocación | Asunción de María |
Localización | Cuauhtémoc |
Coordenadas | 19°26′04″N 99°07′59″O |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | México |
Arquitectura | |
Construción | 1571-1813 |
Arquitectos | Claudio de Arciniega Juan Gómez de Trasmonte José Eduardo de Herrera[1] José Damián Ortiz de Castro Manuel Tolsá |
Estilo | Gótico Plateresco Barroco Estípite Neoclásico |
Orientación | Norte-sur |
Páxina web | https://catedralmetropolitana.mx |
[ editar datos en Wikidata ] |
As medidas aproximadas do templo son 59 metros de largo por 128 de longo e unha altura de 67 metros ata a punta das torres. É unha das obras máis sobresalientes da arquitectura hispanoamericana.[2][3][4] Foi construída segundo os planos do arquitecto español Claudio de Arciniega, que se inspirou en catedrais españolas,[5] arredor dunha igrexa erixida no lugar pouco despois da conquista española de Tenochtitlán. As obras comezaron en 1573, concluíron no interior en 1667 e no exterior ata 1813.[6]
Debido ao prolongado tempo que levou a súa construción, practicamente todos os principais arquitectos, pintores, escultores, ourives e demais artistas plásticos do Vicerreinado de Nova España traballaron nalgún momento na edificación do recinto. Igualmente permitiu que se integrasen nela os diversos estilos arquitectónicos que estiveron vixentes e de moda neses séculos: gótico, barroco, churrigueresco ou neoclásico, entre outros. A mesma situación experimentaron os distintos ornamentos, pinturas, esculturas e mobiliario do interior.[7][8]
A súa realización supuxo un punto de cohesión social, pois nela participaron tanto autoridades eclesiásticas, gobernamentais, distintas confrarías e irmandades relixiosas como múltiples xeracións de grupos sociais de todas as clases.[9]
Como consecuencia da influencia da igrexa católica na vida pública, o inmoble entrelazouse con acontecementos de transcendencia histórica para as sociedades de Nova España e do México independente, entre eles a coroación de Agustín de Iturbide e Ana María Huarte como emperadores de México polo presidente do Congreso, a sepultura ata 1925 de varios dos próceres da independencia como Miguel Hidalgo y Costilla e José María Morelos y Pavón, as disputas entre liberais e conservadores ocasionadas pola separación da igrexa e do estado na Reforma, o peche do inmoble nos días da Guerra Cristera ou os festexos polo bicentenario da independencia.[10]
A catedral presenta catro fachadas en que se abren portadas flanqueadas por columnas e estatuas. Conta con cinco naves que se compoñen de 51 bóvedas, 74 arcos e 40 columnas. Hai dúas torres-campanarios que conteñen 35 campás. No seu interior destacan dous grandes altares, a sancristía e o coro. Existen dezaseis capelas dedicadas a diferentes santos, cunha construción patrocinada por diferentes irmandades relixiosas. As capelas están ricamente adornadas con altares, retablos, pinturas, mobles e esculturas. No coro catedralicio atópanse dous dos órganos do século XVIII máis grandes do continente. Baixo o edificio hai unha cripta en que repousan os restos dalgúns arcebispos de México. Xunto á está o sagrario, que acolle no seu interior o baptisterio.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.