filme de 2002 dirixido por Steven Spielberg From Wikipedia, the free encyclopedia
Catch Me If You Can é un filme biográfico dirixido por Steven Spielberg que se estreou no 2002. Baséase na vida de Frank Abagnale Jr., considerado un dos meirandes impostores da historia,[3] quen antes de cumprir 19 anos gañou millóns de dólares con cheques falsos, fíxose pasar por piloto da Pan American World Airways, médico en Xeorxia doutor, e fiscal en Luisiana.[4] O seu crime principal foi fraude con cheques, e chegou a ser tan hábil que o FBI acudiu a el para pedirlle axuda na captura doutros falsificadores.[5] Está protagonizado por Leonardo DiCaprio e Tom Hanks, con Christopher Walken, Martin Sheen e Nathalie Baye nos papeis secundarios.
Catch Me If You Can | |
---|---|
Ficha técnica | |
Título orixinal | Catch Me If You Can |
Director | Steven Spielberg |
Produtor | Steven Spielberg Michel Shane Walter F. Parkes Laurie MacDonald |
Guión | Jeff Nathanson |
Baseado en | Novela de Frank Abagnale Jr. |
Intérpretes | Leonardo DiCaprio Tom Hanks Christopher Walken Amy Adams Martin Sheen Nathalie Baye |
Música | John Williams |
Fotografía | Janusz Kamiński |
Montaxe | Michael Kahn |
Estudio | Amblin Entertainment Splendid Pictures Kemp Company |
Distribuidora | DreamWorks |
Estrea | 2002 |
Duración | 141 minutos[1] |
Orixe | Estados Unidos |
Xénero | Biográfico, Comedia |
Orzamento | $52 000 000[2] |
Recadación | $352 114 312 |
Na rede | |
http://www.dreamworks.com/catchthem/jump2.html | |
O desenvolvemento do filme comezou en 1980 pero non progresou até 1997, cando os dereitos do libro autobiográfico de Abagnale foron vendidos a DreamWorks de Spielberg. David Fincher, Gore Verbinski, Lasse Hallström, Miloš Forman e Cameron Crowe foron candidatos posibles para director antes de que Spielberg decidise dirixilo. A rodaxe produciuse entre febreiro e maio de 2002. Foi un éxito da crítica e de recadación, e Abagnale tamén tivo unha reacción positiva da adaptación cinematográfica.
Frank W. Abagnale (Leonardo DiCaprio) é un xove e escorregadizo delincuente que gaña millóns de dólares cometendo fraude con cheques, e que adopta diversas identidades (médico, avogado ou copiloto de liñas aéreas). Carl Hanratty (Tom Hanks) é un axente do FBI, cuxa única misión consiste en seguirlle a pista e capturalo para levalo ante a xustiza, pero Frank sempre vai un paso por diante del.
Brian Howe, Frank John Hughes e Chris Ellis interpretan ós axentes do FBI. Jennifer Garner fai un cameo, e Ellen Pompeo e Elizabeth Banks teñen papeis menores. O Frank Abagnale real aparece como o policía francés que detén ó personaxe.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.