From Wikipedia, the free encyclopedia
Catarina Sforza (en italiano: Caterina Sforza), nada en Milán en 1462 e finada en Florencia o 20 de maio de 1509, foi unha nobre italiana, Señora de Imola e Condesa de Forlì primeiro co seu marido Girolamo Riario e trala morte del, como rexente do seu fillo Octaviano.
Nome orixinal | (it) Caterina Sforza |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | c. 1463 Milán, Italia |
Morte | 28 de maio de 1509 (45/46 anos) Florencia, Italia |
Causa da morte | pneumonía |
Lugar de sepultura | Murate (en) |
Raíña de Italia | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Outro | |
Título | Condesa |
Familia | Casa de Sforza (pt) |
Cónxuxe | Giovanni di Pierfrancesco de Médici (1496–) Giacomo Feo (1488–1495) Girolamo Riario (1477–1488) |
Fillos | Francesco Riario Sforza () Girolamo Riario Bianca Riario () Girolamo Riario Ottaviano Riario () Girolamo Riario Giovanni dalle Bande Nere () Giovanni di Pierfrancesco de Médici |
Pais | Galeazzo Maria Sforza e Lucrezia Landriani |
Irmáns | Gian Galeazzo Sforza Branca Maria Sforza Ana Sforza |
Descrito pola fonte | Dictionary of Women Worldwide A Cyclopaedia of Female Biography Encyclopædia Britannica |
Catarina naceu a principios de 1463,[1] filla ilexítima de Galeazzo Maria Sforza, duque de Milán e de Lucrezia Landriani,[2] esposa do cortesán Gian Piero Landriani, amigo íntimo do duque. Foi educada na refinada corte milanesa, que no século XV era admirada por toda Europa.
Aos 14 anos, en 1477, desposou a Girolamo Riario, fillo de Paolo Riario e Bianca della Rovere, irmá do papa Sisto IV.[3] Este concedeulle ao seu sobriño bens e títulos, como o señorío de Imola.[4] Tras unha entrada triunfal en Imola en 1477, Catarina pasou a Roma co seu marido, onde viviu durante anos ao servizo do seu tío o papa. En marzo de 1478, Catarina deu a luz a súa primeira filla,[5] chamada Bianca pola nai de Girolamo, Bianca della Rovere, e a avoa paterna de Catarina, Bianca Maria Visconti. Caterina tivo cinco fillos máis nos seguintes nove anos.[6]
Coa morte de Sisto IV, en 1484, Catarina tomou ao asalto o castelo de Sant'Angelo, coa esperanza de intimidar os cardeais para que consagrasen como novo pontífice alguén da súa familia.[7] Fracasando, mudouse a Forlì co seu marido. Unha vez aló, caeron vítimas dunha revolta local onde Girolamo Riario foi asasinado (1488) e Catarina foi aprisionada cos seus seis fillos polos conspiradores.[8] A súa fuga das mans dos inimigos, deixando os fillos atrás como reféns, ocasionou a historia, probabelmente apócrifa, de que, acuada, levantou a saia e, mostrando os xenitais, gritou á multitude que “teño isto aquí ao meu favor” para producir máis fillos.[9]
Coa axuda das forzas militares do seu tío, Ludovico Sforza, Duque de Milán, controlou a rebelión e, na condición de rexente, gobernou Forlì co seu fillo Octaviano. Participou en numerosas conspiracións e foi vítima de tantas outras.
Entre 1499 e 1500, César Borgia, á fronte do seu exército papal, atacou e dominou Imola (novembro de 1499) e Forlì (xaneiro de 1500). Estuprada e humillada, Catarina e Octaviano foron levados a Roma como prisioneiros. Nesa cidade, após renunciar ás súas reivindicacións políticas, pasou un ano prisioneira no Castelo de Sant'Angelo. Liberada, pasou o resto dos seus días en Florencia dedicándose a alquimia e até compilou un libro de receitas de cosméticos e prescricións médicas. Faleceu en 1509, aos 46 anos, vítima de pneumonía.[10]
O fillo do seu casamento secreto (1496) con Giovani de Medici, Giovanni dalle Bande Nere, herdou o carácter militante e audaz da nai, que nunca foi distinguida como mecenas da literatura e das artes, común nas mulleres nobres da súa época. Ao contrario: os historiadores chamárona Virago, palabra que significaba “muller guerreira”.[11]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.