A catalpa común[1] (Catalpa bignonioides) é unha árbore frondosa de folla caediza orixinaria do sueste dos Estados Unidos de América en Alabama, A Florida, Xeorxia, A Luisiana, e Mississippi. Por este motivo tamén se lle coñece coma catalpa do sur.
Catalpa común | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Follas e froitos da catalpa común | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
Catalpa bignonioides Walter, Fl. Carol., 64, 1788 | |||||||||||||||||
É unha común árbore ornamental nas rúas e xardíns urbanos de Galiza.
É unha árbore de follas caedizas 15 a 18 m de altura, cun toro de até 1 m de diámetro, coa casca pardo cinsenta. As follas son grandes, acorazonadas, de 2 a 3 dm de lonxitude e 1,5 a 2 dm de largo. As flores son de 2 a 4 cm, a xeito de trompeta, abrancazadas con tacas amarelas e violetas, en panículas de entre 20 a 40.
O froito é unha vaíña grande e longa (lembra aos legumes) de 2 a 4 dm de longo e 8 a 10 mm de diámetro, que fican nas pólas polo inverno. As vaíñas teñen numerosas sementes pardas achatadas con dúas ás delgadas.
Está emparentada coa Catalpa speciosa (Catalpa do norte), que se distingue polas panículas florais, con flores máis miúdas e máis numerosas.
Cultivo e usos
Úsase moito coma ornamental, tanto en pés illados coma formando fileiras nas rúas e avenidas. Atura a seca mais gusta dos solos húmidos e do sol. Tense naturalizado en todo o mundo. É unha especie que atura ben a polución. Por todos estes motivos é unha especie axeitada coma ornamental en Galiza.
A madeira é moi boa e dura, polo que o seu traballo non é doada; úsase moito para postes e travesas do camiño de ferro.
- Utilízase en decocción en casos de asma e dispnea.
- A planta é tóxica polo que non é aconsellábel o seu uso por afeccionados.
Principios activos: catalpina, ácido p-oxibenzoico e protocaquético.[2]
Indicacións: febrífugo, lixeiramente narcótico, sedante, asmático. Tense usado coma sucedáneo da quinina para as febres dos pantanos e como colirio para o tracoma e na conxuntivite. As raíces son velenosas. Úsanse a casca e os froitos.[2]
O xénero foi descrito por Thomas Walter e publicado en Flora Caroliniana, secundum . . . 64. 1788.[3]
O nome deriva dos catawba americanos nativos dos Estados Unidos de América que a chamaban de catawba (o uso de Catalpa é un erro de transcrición do botánico Scopoli, que fixo a primeira descrición formal do xénero).
bignonioides: epíteto latino composto que significa "semellante a Bignonia.
- Bignonia catalpa L. - basiónimo
- Bignonia spectabilis Salisb.
- Catalpa arborea Baill.
- Catalpa bignonioides f. aurea Bureau
- Catalpa bignonioides f. koehnei (Hesse) Dode
- Catalpa bignonioides f. nana Bureau
- Catalpa bignonioides f. pulverulenta Bean
- Catalpa bignonioides f. rehderi Paclt
- Catalpa bignonioides f. variegata Bureau
- Catalpa catalpa (L.) H.Karst. nom. inval.
- Catalpa communis Dum.Cours.
- Catalpa cordifolia Moench
- Catalpa syringifolia Sims
- Catalpa syringifolia var. koehnei Hesse
- Catalpa ternifolia Cav.
- Catalpa umbraculifera Ugolini
- Catalpium amena Raf.[4][5]
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.