O castiñeiro de Pará[2], ou castiñeiro do Brasil (Bertholletia excelsa), é unha árbore nativa de América do Sur, especificamente de Bolivia, Brasil, sueste de Colombia, Güiana, Perú, leste e nordés da Arxentina e sur de Venezuela. No Brasil recibe os nomes vulgares de castanha-do-pará, castanha-do-acre, castanha-do-brasil, tocari e tururi. Cultívase polo froito chamado de castaña de Pará ou castaña do Brasil. Pará é un estado brasileiro situado no leste da Rexión Norte.
- Cómpre salientar que esta especie non está emparentada co castiñeiro europeo, nin coas árbores do xénero "Castanea" en xeral.
Castiñeiro de Pará | |||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Póla de Bertholletia excelsa | |||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||
Vulnerable | |||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||
Bertholletia excelsa Humb. & Bonpl. 1807 | |||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||
|
Descrición
A árbore é a única especie do xénero Bertholletia. Atópase en grupos de árbores espallados de até 100 individuos, sobre solos ben drenados en grandes bosques das concas dos ríos Amazonas, Negro e Orinoco. É unha árbore grande que acada entre 30 e 50 m de altura. O tronco ten de 1 a 2 m de diámetro. Pode vivir 500 anos ou máis. Na Amazonía peruana atopáronse árbores de até 1200 anos de antigüidade. O toro é recto e non ramificado deica a metade da súa altura, mais cunha coroa inesperada de pólas grandes sobre o pavillón das outras árbores circundantes. A casca é agrisada e lisa.
As follas son cedizas, alternas, simples, oblongas, de 20 a 35 cm de longo e 10 a 15 cm de largo. As flores son pequenas, averdasdas-abranazcadas; cada flor ten un cáliz dividido en dous, seis pétalos amarelo-crema desigualmente coloreados, e estames numerosos.
As súas flores só se poden polinizar mediante a acción dun insecto o bastante forte. As abellas Euglossinae dos xéneros Eulaema, Xylocopa, Bombus e Centris, polinizan a árbore da castaña de Pará. As orquídeas Coryanthes vasquezii producen un cheiro que atrae as abellas macho, que á súa vez o requiren para atraeren as femias e acoplárense, polo que hai unha simbiose indisolúbel entre a árbore, a orquídea e mailas abellas.
Castaña
Se as orquídeas e as abellas están presentes, o froito, botanicamente unha noz, tarda 14 meses en madurecer trala polinización das flores, e acada entre 10 e 15 cm de diámetro e 1 a 2 kg de peso, con casca lígnea de 8 a 12 mm de grosor. No interior contén de 8 a 24 sementes en forma de media lúa, de 4 a 5 cm de longo. Unha árbore madura pode dar entre 200 e 400 froitos.
Os capuchinos (primates) saben abrir as castañas usando un coio como engra. A cápsula contén un burato pequeno nun extremo, que permite a roedores como os agutís, abrila ao rillaren e comeren parte do interior, soterrando o resto, esperando consumilo posteriormente, de xeito que algunhas destas sementes "agochadas" poden xermolar para producir árbores novas. En realidade, a maioría das sementes son "sementadas" polos agutís en locais sombreados, xermolan logo dun ano e o desenvolvemento das árbores depende da cantidade de luz solar que eventualmente poida acadar as plantas novas, polo que ás veces a planta debe agardar a que outra árbore caia para que unha clareira de luz permita o crecemento da nova.
Consumo
O principal exportador mundial de castañas do Brasil é Bolivia, onde se coñecen coma almendras (améndoas) ou castañas de Pando. No Brasil, ao igual que en galego, coñécense coma castanhas de Pará; en español porén, coñécense coma nueces de Brasil (noces do Brasil). Os nomes indíxenas inclúen juvia na área do Orinoco, e sapucaia no Brasil.
As castañas de Pará, de delicado gusto, son unha fonte excelente de selenio e unha boa fonte de magnesio e de tiamina. Son ricas en proteína (14%), glícidos (11%), e graxa (67%). A proporción de graxas insaturadas das castañas de Pará está entre as máis altas de todos os froito secos. Ademais, son un dos alimentos máis radioactivos do mundo, por mor á acumulación de radio e de bario do solo na castaña.
O consumo das castañas do Brasil, aínda que inofensivo en pequenas cantidades, pode carrexar diversos problemas. Tipicamente, 100 gramos de castañas de Pará conteñen máis de 30 veces a dose diaria de selenio recomendada para un adulto,[3] podendo o seu abuso provocar selenose, polo que se recomenda un consumo moderado e esporádico. A longo prazo, a acumulación de radio nos ósos pode ademais ter efectos prexudiciais para a saúde.
O aceite da castaña do Brasil utilízase para a alimentación e tamén como lubrificante de reloxos e para facer pinturas dos artistas. A medicina tradicional atribúe ao consumo das castañas quentadas (preferibelmente en leite), propiedades como diurético e recomenda o seu uso tópico externo para afeccións do ouvido.
A madeira úsase en construción de vivendas e naval, mais a súa explotación non é compatíbel coa produción de castaña.
Sostibilidade ambiental
As castañas de Pará prodúcense exclusivamente de árbores bravas. O seu aproveitamento considérase un modelo para xerar ingresos do bosque tropical sen destruílo. As pescudas demostraron que unha colleita moderada permite a proliferación de novas árbores.
Porén, tense aínda que establecer o real impacto sobre a fauna silvestre dos miles de colleitadores que, na tempada da colla, percorren as forestas para a súa extracción. Segundo estudos realizados en Bolivia, a acción destes recolectores provocou a redución da poboación de numerosos animais e até a extinción local de mamíferos coma o mono araña.
Radioactividade
As castañas de Pará poden conter pequenas cantidades de radio, un elemento químico radioactivo. Se ben esta é unha cantidade pequena, arredor de 1–7 pCi/g (40–260 Bq/kg), onde a maior parte deste elemento está contida no corpo do froito, esta cifra é até 1.000 veces máis elevada que noutros alimentos. Isto non se debe a niveis elevados de radio no solo, senón ao extremadamente extenso raizame subterráneo da árbore.[4]
Propiedades
Indicacións: é antioxidante, emoliente, insecticida e nutritivo.[5]
Taxonomía
Bertholletia excelsa foi descrita por Humb. & Bonpl. e publicado en Plantae Aequinoctiales 1: 122–127, pl. 36. 1807.[6][7]
- Barthollesia excelsa Silva Manso, orth. var.
- Bertholletia nobilis Miers[8]
Galería de imaxes
- Castaña do Pará
- Froito aberto
- Presentación comercial das castañas brasileiras
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.