variedade do castelán falado en Colombia From Wikipedia, the free encyclopedia
O castelán colombiano é a variedade da lingua castelá ou español que é falado na República de Colombia como a súa lingua nacional oficial e común.[2] É o segundo país do mundo con máis falantes nativos de castelán en cifras absolutas, logo de México. O 99,2% da poboación fala castelán,[3] sobre unha poboación de máis de 50 millóns de persoas (2020).[4] O termo ten máis relevancia xeográfica ca lingüística, xa que os dialectos que se falan nas diversas rexións de Colombia son bastante diversos. As falas das áreas costeiras tenden a exhibir innovacións fonolóxicas típicas do castelán caribeño, mentres que as variedades das terras altas foron historicamente máis conservadoras. O castelán é cooficial nos territorios de grupos étnicos de linguas e dialectos indíxenas, e a educación neles é bilingüe.[2] No país fálanse arredor de 10 dialectos da lingua castelá. A fala de Bogotá, unha variedade polo xeral conservadora do castelán colombiano, ten un alto prestixio social entre os falantes de castelán de toda América Latina.[5]
Castelán colombiano | ||
---|---|---|
Outros nomes: | Español colombiano | |
Falado en: | Colombia | |
Total de falantes: | 49,6 millóns (2018)[1] | |
Familia: | Indoeuropea Itálica Románica Occidental Galoibérica Iberorrománica Ibero-occidental Castelán Castelán colombiano | |
Escrita: | Alfabeto latino | |
Status oficial | ||
Lingua oficial de: | Colombia | |
Regulado por: | Academia Colombiana da Lingua | |
Códigos de lingua | ||
ISO 639-1: | es | |
ISO 639-2: | spa | |
ISO 639-3: | spa
| |
SIL: | SPN
| |
Mapa | ||
Status | ||
En Colombia existen distintos dialectos como resultado da súa complexa xeografía marcada por tres cordilleiras dos Andes que deu como resultado pouco acceso e comunicación entre as rexións. Son distinguibles para calquera falante de castelán os dialectos andinos e os dialectos costeiros do Caribe e do Pacífico.[6]
En liñas xerais, os dos macrodialectos colombianos, os costeiros e os de interior, amosan claros paralelismos cos dialectos meridionais e setentrionais de España respectivamente. O castelán do interior, semellante ao español setentrional, de consonantismo forte, articula con claridade a -s postvocálica ou final de palabra, ten -n final alveolar firme e non debilita o -l preconsonántico en [r]. O castelán costeiro é semellante ao español meridional de España, de consonantismo débil, debilita o -s postvocálico ou final ("los costeños" > "loh cohteño"), articula o -n como velar (camión > camiong) e nalgunhas zonas debilita o -l preconsántico en [r] ("alguno > arguno"). En morfoloxía, o de interior conserva de forma parcial o voseo antigo castelán (zona occidental) mentres que o costeiro fai uso extenso de tú como en toda a conca do Caribe. Cómpre sinalar que no sur da Guajira e o norte de Cesar, úsase un voseo verbal semellante ao do veciño estado venezolano de Zulia.
A partir destas 2 "superzonas" dialectais, pódese realizar a seguinte división:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.