From Wikipedia, the free encyclopedia
Caspar Bartholin o Vello, nado en Malmö (Reino de Dinamarca e Noruega) o 12 de febreiro de 1585, e finado en Sorø (Selandia) o 13 de xullo de 1629[1], foi un teólogo, médico e anatomista dinamarqués, coñecido tamén como Caspar Berthelsen ou polo nome latinizado de Casparus Bartholinus.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 12 de febreiro de 1585 Malmö, Suecia |
Morte | 13 de xullo de 1629 (44 anos) Sorø, Dinamarca (pt) |
Cóengo | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino de Dinamarca e Noruega |
Relixión | Luteranismo |
Educación | Universidade de Copenhague Universidade de Rostock University of Wittenberg (en) |
Actividade | |
Lugar de traballo | Copenhague |
Ocupación | médico , escritor , filósofo , anatomista , teólogo , profesor universitario , polímata |
Empregador | Universidade de Copenhague Universidade de Rostock |
Lingua | Lingua latina |
Familia | |
Fillos | Thomas Bartholin, Rasmus Bartholin |
Logo de iniciar os seus estudos en Rostock e en Wittenberg, aos seus dezaseis anos comezou xa a súa formación superior na Universidade de Copenhague, onde máis tarde, a partir de 1613, foi profesor inicialmente de medicina. Ocupou ese posto durante once anos, cando, ao caer gravemente enfermo, xurou que se se recuperaba se dedicaría totalmente ao estudo da teoloxía. E así o fixo, e pasou a ser profesor de teoloxía na referida universidade e cóengo de Roskilde.
Viaxou despois por toda Alemaña, os Países Baixos, Inglaterra, Francia e Italia, e foi recibido con moito respecto nas universidades que visitou neses países.
Tivo dous fillos, Thomas e Rasmus, que tamén foron eruditos moi recoñecidos.
Morreu o día 13 de xullo de 1629, en Sorø, na illa de Selandia.
A súa obra Anatomicae Institutiones Corporis Humani (Institucións Anatómicas do Corpo Humano), de 1611 foi durante moitos anos o libro principal en materia de anatomía. Caspar Bartholin foi, entre outras cousas, o primeiro a describir o funcionamento do nervio olfactorio.
Preséntase unha listaxe por orde cronolóxica de todas as obras escritas por Caspar Bartolin O Vello e publicadas entre 1606 e 1726, unhas en vida e outras postumamente:[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.