A dinastía Nemanjić (en serbio cirílico Немањићи, en serbio latino Nemanjić, pronuncia Nemáñich) foi a dinastía real da Serbia medieval, que gobernou o país entre 1166 e 1371.

Thumb
Armas da casa de Nemanjić.

Os gobernantes da casa adoptaron, sucesivamente, os títulos de Veliki Župan (Gran Župan, Gran Príncipe), Kralj (Rei) e Car (Tsar, Emperador).

Foi iniciada por Stefan Nemanja, sendo o seu último monarca Stefan Uroš V.

A dinastía Nemanjić

Recibiu o nome do seu fundador, Stefan Nemanja, descendente da casa de Vojisavljević, e conta con once monarcas, tendo continuidade na casa de Lazarević e, despois, na casa de Branković.

Despois de que Stefan Nemanja adoptara o nome de Stefan todos os seguintes monarcas usaron ese nome como título, que enseguida se converteu no signo da monarquía, e todos os pretendentes mostraban as súas aspiracións ao trono antepoñéndoo ao seu propio nome.

Os Nemanjić crearon un estado ben organizado e potente, edificaron moitas igrexas e mosteiros, e ampliaron o territorio serbio. Algúns dos monarcas desta casa real incluso escribiron algunhas das obras literarias máis importantes do seu tempo.

O escudo dos Nemanjić foi a aguia bicéfala branca sobre fondo vermello, herdado da dinastía bizantina dos Paleólogos.

Os monarcas desta casa primeiro levaron o título de Gran Župan (Gran Príncipe) de Raška desde 1166, e o estado serbio levaba o título de županija (Principado). Despois da coroación de Stefan o Primeiro Coroado en 1217, o título completo foi Rei das terras de Raška, Duklja, Travunia, Dalmacia e Zahumlje, aínda que a versión máis curta foi a de Rei dos serbios. No ano 1346 o título do monarca serbio pasou a ser o de Tsar (Emperador), co que o título completo foi o de Tsar de todos os serbios, albaneses, gregos e búlgaros.

Xenealoxía dos Nemanjić

Stefan Nemanja, Gran Župan, casou con Ana (que ao final da súa vida fíxose monxa e cambiou o nome polo de Anastasia) e con ela tivo tres fillos, Vukan, Stefan e Rastko (máis tarde, San Sava)), así como dúas fillas.

  • Vukan Nemanjić tivo fillos: Djordje, Stefan, Dimitrije, Vladin e Rastko, dos cales só o župan Dimitrije tivo descendentes, un fillo, Vratislav. Vratilsav á súa vez tivo un fillo, o knez Dimitrije Vratko, e Dimitrije Vratko tivo un fillo, o župan Nikola e unha filla, Milica, que casou con Lazar Hrebeljanović.
  • Estevo Nemanjić o Primeiro Coroado casou primeiro con Evdokija, a filla do emperador biz<antino Aleixo III Anxo, pero máis tarde volveu a casar, esta vez con Ana Dándolo, neta de Enrique Dándolo, o dux de Venecia. Con Ana, tivo cinco fillos. Radoslav, Vladislav, Predislav e Uroš I, así como unha filla, Komnena.
    • Stefan Radoslav casou con Ana, filla de Teodoro I Anxo, déspota e emperador de Tesalónica.
    • Stefan Vladislav casou con Beloslava, filla do Tsar búlgaro Asen II, e con ela tivo tres fillos, Estevo, Desa e unha filla máis.
    • Predislav elixiu a vida relixiosa, e fíxose monxe. Chegou a ser arcebispo serbio e, despois de morto foi canonizado (San Sava II).
    • Uroš I casou con Elena de Anjou e con ela tivo fillos: Dragutin, Milutin e Stefan.
      • Stefan Dragutin, rei de Srem, casou con Catarina, filla do rei de Hungría Estevo V, e con ela tivo a Vladislav, Uroš (o monxe Stefan), Jelisaveta, casada con Estevo I Kotromanić e unha filla máis, casada con Pavle Šubić.
        • Vladislav estivo casado primeiro con Ana Morozzini, e despois coa filla do duque de Transilvania, Ladislav Apor.
        • Milutin estivo casado cinco veces. A súa primeira muller foi Jelena, pertencente á nobreza serbia; a segunda foi a filla do gobernador de Tesalia, Huan I Anxo; a terceira, Isabel, filla do rei húngaro Estevo V; a cuarta, Ana, filla do tsar búlgaro Georgio Tarter, e a quinta, Simonida, filla do emperador bizantino Andrónico II Paleólogo. Con Simonida tivo os fillos Stefan e Konstantin, e as fillas Ana (casada con Mihailo Šišman, tsar búlgaro) e Zorica.
          • Stefan Dečanski estivo casado primeiro con Teodora, filla do tsar búlgaro Smilec, coa que tivo a Dušan, Dušica e, segundo algúns, tamén a Jelena (casada con Mladen III Šubić. Logo casou con María, filla de Xoán Paleólogo, coa que tivo a Siniša, Jelena (casada con Mladen III Šubić) e Teodora (casada co déspota Dejan).
            • Estevo Dušan estivo casado con Helena, irmá do tsar búlgaro Huan Alexandre, e con ela tivo dous fillos, Estevo Uroš V e Simeon Siniša.
            • Simeon (Uroš) Nemanjić estivo casado con Tomaida, filla de Huan II Orsini e Ana Paleólogo, e con ela tivo a Jovan Uroš, Stefan Duka e Marija Angelina Dukena (que estivo casada con Toma Preljubović, dáspota de Janjine, e despois con Esau de Buondelmonti. Stefan Duka casou coa filla de Francisco Georgio, Margrave de Bodonitze.

Das dúas fillas de Stefan Nemanja, unha, Efimia, casou co déspota Manuel Anxo, que despois sería o déspota e emperador de Tesalónica, e a segunda cun tal Asen, co que tivo un fillo, o futuro tsar búlgaro, Constantino Asen.

Lista de monarcas da dinastía Nemanjić

Thumb
Mosteiro serbio ortodoxo de Hilandar no monte Athos, fundadado por San Sava e o seu pai, Stefan Nemanja

Casa Lazarević

O fillo do tsar Dušan, Stefan Uroš, non tivo fillos, e a casa de Lazarević xurdiu a partir de Milica Nemanjić, que era curmá de Dušan e que casara co Knez Lazar:

Casa Branković

A filla do knez Lazar, Mara, casou co nobre Vuk Branković. Os seus descendentes gobernaron Serbia.

Os Nemanjić, monarcas do Despotado de Epiro

Simeon-Siniša foi o fillo de Stefan Dečanski e María Paleólogo e medio irmán do Tsar Dušan, sentíndose máis grego que serbio. O seu medio irmán deulle Epiro, onde gobernou como dépota até 1359, cando se independizou do fillo o tsar Dušan, Uroš o Débil, e gobernou Epiro como déspota independente até a súa morte. Tivo dous fillos, Stefan Nemanjić e Jovan Uroš, que herdou ao seu pai no trono de Epiro. Despois da súa morte, o Despotado de Epiro extinguiuse xunto con esta rama da dinastía Nemanjić.

Santo

  • San Sava, santo padrón de Serbia, foi tamén un Nemanjić.

Árbore xenealóxica dos Nemanjić

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Stefan Nemanja
Gran Príncipe 1166-1196

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Stefan I Nemanjić
Gran Príncipe 1196-1217, Rei 1217-1228

 
 
 
 
 
 

San Sava

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Vukan Nemanjić
Gran Príncipe de Serbia de 1202 a 1205

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Stefan Radoslav
Rei de Serbia 1228-1234

 

Stefan Vladislav
Rei de Serbia 1234-1243

 

Stefan Uroš Ier
Rei de Serbia 1243-1276

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Dimitri

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Stefan Dragutin
Rei de Serbia 1276-1282

 
 
 
 

Stefan Uroš II Milutin
Rei de Serbia 1282-1321

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Vratislav

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Jelitsava
esposa de Estevo I Kotroman

 

Stefan Vladislav II
1321-1325 Rei de Serbie non recoñecido

 
 

Stefan Uroš III Dečanski
Rei de Serbia 1321-1331

 
 

Constantin
1321-1322 pretendente en Dioclea

 
 
 
 
 
 
 

Vtratko

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Dinastía Kotromanić

 
 
 

Stefan Uroš IV Dušan
Rei de Serbia 1331-1346
Emperador dos serbios, búlgaros e gregos 1346-1355

 

Simeon Uroš
déspota de Epiro 1359-1366, déspota de Tesalia 1359-1370

 

Jelena
esposa de Mladen III Šubić

 
 
 
 
 
 
 

Milica Nemanjević
esposa de Lazar Hrebeljanović

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Stefan Uroš V
Emperador de Serbia 1355-1371

 

Jovan Uroš
déspota de Tesalia

 

Dinastía Šubić

 
 
 
 
 
 
 

Dinastía Lazarević

 
 
 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fine, John V. A. (1991): The early Medieval Balkans: A Critical Survey from the 6th to the Late 12th Century. The University of Michigan Press. ISBN 0-472-08149-7
  • Fine, Jonh V. A. (1994): The Late Medieval Balkans: A Critical Survey from the Late Twelfth Century to the Ottoman Conquest. The University of Michigan Press. ISBN 0-472-08260-4

Outros artigos

Ligazóns externas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.