Casa da Moeda de Hong Kong

From Wikipedia, the free encyclopedia

Casa da Moeda de Hong Kongmap

A Casa da Moeda de Hong Kong (en inglés: Hong Kong Mint; en chinés: 香港造幣廠) foi unha empresa encargada da cuñaxe de moeda situada no territorio británico de Hong Kong, activa entre 1866 e 1868.[1][2][3]

Datos rápidos Casa da Moeda de Hong Kong –Hong Kong Mint–, Tipo ...
Casa da Moeda de Hong Kong
Hong Kong Mint
Thumb
TipoCompañía pública.
Fundación1866.
Extinción: 1868.
Localización Hong Kong
FundadorHercules Robinson
IndustriaCuñaxe.
ProdutosMoedas.
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Historia

Na primeira etapa do Hong Kong colonial, logo da súa fundación en 1842, estaban en circulación varias moedas de procedencias moi diversas. Aínda que a libra esterlina era a unidade monetaria oficial, non era moi ben aceptada nin polos comerciantes locais nin pola poboación da colonia, especialmente pola de procedencia chinesa. Ese era o motivo do mantemento en circulación da moeda estranxeira, sinaladamente os reais de oito españois e mexicanos, e moeda chinesa de prata.[1][2]

Coa extensión dos intereses comerciais británicos nesa zona de Oriente, fíxose necesaria a emisión dunha nova moeda especial, un dólar de comercio, que eliminase a sobredependencia que tiñan os territorios británicos das moedas estranxeiras. Nun primeiro momento, en 1863, a Royal Mint de Londres foi autorizada para emitir unha serie de moedas especiais para o seu uso en Hong Kong, dentro do sistema do dólar.[4]

Thumb
Dólar de comercio de 1867, da Casa da Moeda de Hong Kong.[5]

Nesta conxuntura, o daquela gobernador de Hong Kong, Hercules Robinson, promoveu unha orde en nome do Consello da colonia para solicitar a Londres a creación dunha casa de moeda independente da Royal Mint.[1]

O 26 de febreiro de 1864 abrobouse a creación da nova ceca, co nome de Casa da Moeda de Hong Kong (Hong Kong Mint), que se inaugurou o 7 de maio de 1866, baixo a dirección do mestre de ceca Thomas William Kinder[6], co propósito de cuñar moedas dun dólar e as súas fraccións, de características similares aos pesos hispanoamericanos que estaban en circulación.[7] A nova ceca estaba situada na Sugar Street (actual Cleveland Street), en Causeway Bay.[4][8] Para subministrtar enerxía para o seu funcionamento construíuse ademais unha presa na ladeira do monte Butler.[1]

Porén, a Casa da Moeda de Hong Kong cesou axiña a súa actividade, o 25 de abril de 1868, durante o goberno de Richard MacDonnell. As razóns para o cesamento foron a mala recepción das moedas cuñadas nesa ceca, así como a súa constante desvalorización, que lles ocasionaba perdas aos cidadáns que as utilizaban.[1][4]

Logo do pechamento definitivo da efémera ceca, o edificio vendéuselle á empresa Jardine Matheson & Co. Ltd. en 1868, e a maquinaria e o instrumental foron adquiridos pola Casa da Moeda do Xapón en Osaca, que se establecera recentemente e cuxas emisións comezaron en 1870.[1][4][9]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.