![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/4/45/Casa-museo_de_Rosalia.jpg/640px-Casa-museo_de_Rosalia.jpg&w=640&q=50)
Casa Museo Rosalía de Castro
construción civil e museo na Matanza, en Padrón / From Wikipedia, the free encyclopedia
A Casa Museo Rosalía de Castro, tamén chamada Casa da Matanza, é unha casa museo situada na vivenda na que viviu Rosalía de Castro xunto co seu home Manuel Murguía e os fillos da familia desde 1883 ata a súa morte en 1885. Recolle distintas edicións das súas obras e diverso material seu, como fotografías ou recordos persoais. No segundo andar, recrea o ambiente da casa en tempos de Rosalía.
Datos rápidos Coordenadas, País ...
Casa Museo Rosalía de Castro | |
---|---|
![]() | |
![]() Casa da Matanza | |
Coordenadas | |
País | ![]() |
Cidade | Padrón |
Tipo | Casa museo |
Administrador | Fundación Rosalía de Castro |
Construción | Restaurada en 1971 |
Inauguración | 1947 Padroado Rosalía de Castro 1972 Converteuse na Casa-Museo |
Na rede | |
https://rosalia.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pechar
O museo é a sede da Fundación Rosalía de Castro e do Centro de Estudos Rosalianos, que teñen por obxecto divulga-la obra e a memoria da escritora.