Carro solar de Trundholm
artefacto da idade do Bronce atopado en Dinamarca / From Wikipedia, the free encyclopedia
O carro solar de Trundholm (en danés Solvognen) é un célebre obxecto de bronce descuberto en 1902 por un campesiño no pantano de Trundholm en Odsherred, preto de Nykøbing, provincia de Sjælland (Zelandia) en Dinamarca. Represéntase un cabalo e un grande disco, ambos os dous colocados sobre unha estrutura en forma de carro con rodas de raios.
Está datado na primeira Idade de bronce arredor de 1400 a.C.. Na actualidade consérvase en Copenhaguen no Nationalmuseet.