From Wikipedia, the free encyclopedia
A Idade de Bronce[1] é un período na civilización en que se desenvolveu o emprego deste metal na metalurxia, resultado da mestura de cobre e estaño. O bronce foi inventado en oriente medio cara ao IV milenio a. C. substituíndo ao cobre, que dera lugar ao período Calcolítico, aínda que noutros lugares esta última idade foi descoñecida e o bronce substituíu directamente ao período Neolítico. Na África negra o Neolítico foi seguido da Idade de Ferro.
A data de adopción do bronce varía segundo as culturas:
A metalurxia do bronce apareceu no neolítico recente, polo que se produce unha continuidade co período anterior.
Ocúpanse promontorios costeiros e zonas rochosas, abandonando os asentamentos da etapa anterior. Hai grandes asentamentos con sólidos bastións e fortificacións.
Os enxovais nos enterramentos son valiosos. Hai principalmente dous tipos de tumbas en Creta:
Aparecen tamén os tholoi, que son construcións de planta circular cubertas por unha bóveda ou unha falsa cúpula.
Nas illas Cícladas úsanse cistas de forma trapezoidal, con inhumación individual. Na Grecia continental, o rito funerario é o da inhumación colectiva en tumbas de cámara.
Con respecto á cerámica, nas illas Cícladas hai un predominio das decoracións impresas e incisas, mentres que en Creta a decoración máis frecuente é a pintada. Na Grecia continental, a cerámica leva un recubrimento arxiloso vermello.
A base da economía é a agricultura e a gandaría, amais da caza e a pesca. Introdúcese o cultivo da oliveira e a vide. A gandaría máis importante é a da cabra e a ovella.
No mar Exeo establécese unha área de intenso comercio do metal en Chipre, onde existían minas de cobre; o estaño traíase incluso das illas británicas.
No Exeo subdivídese en tres zonas:
A navegación foi desenvolvida por aquel entón polo interese do comercio, xa que se intensifican os contactos e intercambios.
O imperio minoico apareceu grazas a este comercio e foi substituído máis tarde polo micénico no bronce recente.
Hai unha transición do Heládico ao Micénico na Grecia continental, cun incremento da riqueza material, maior centralización do poder, política e economía, aínda que aparecen novas estruturas políticas e sociais.
Hai metais preciosos nos enxovais das tumbas. Estes enxovais nos falan dunha elite pouco numerosa, que acumulaba a riqueza nas súas mans e, posibelmente, foi a clase dominante. A sociedade micénica estaba moi xerarquizada, cunha clara diferenciación nas sepulturas de soberanos, aristocracia, traballadores e artesáns.
Aparecen palacios, no caso de Tirinto, Pilos e Micenas. Deberon ser centros administrativos e de almacenamento. Os núcleos urbanos creceron en torno a estes palacios. Os restos de asentamentos sitúanse na súa maioría en outeiros ou promontorios facilmente defendíbeis.
O estilo micénico de cerámica caracterízase por pintura brillante de cores vermella ou negra, sobre fondo claro.
Divídese en Bronce Antigo, Bronce Medio e Bronce Final ou tardío.
Aínda non se xeneralizou o bronce propiamente dito. Gran parte do comercio desenvólvese en canoas que remontan os cursos fluviais, preferentemente para distribuír cobre. As rexións do norte de Europa e a Península Ibérica relaciónanse por este comercio. A agricultura e a gandaría seguiron sendo a base económica dominante, cunha produción que aumentou co uso do carro e do arado.
Os asentamentos acostuman ser de dous tipos, segundo a localización xeográfica:
Esta idade introduciuse cara ao ano (1800 a.C. - 1600 a.C.), seguida do período do bronce medio (1600 a.C. - 1200 a.C.), caracterizado polos enterramento en túmulos, que demostran un alto grao de estratificación social. Destacan dúas culturas:
Hai poucas evolucións, sen cambios importantes. Varía moito dunha zona a outra, pois algunhas áreas seguen con modelos calcolíticos, e outras xa se inician no bronce.
Esta é unha zona rica en minerais. Destacan as culturas de:
Túmulos armoricanos, en Francia, coas seguintes características:
Wessex, en Inglaterra, cos seguintes trazos:
Hai un predominio do bronce sobre o cobre, e un aumento na elaboración de adornos, armas e utensilios. Este metal relaciónase xa con actividades cotiás.
Caracterízase pola Cultura dos Túmulos. Esta cultura esténdese desde o Rin até os Cárpatos occidentais, e desde os Alpes ao mar Báltico. Chámase así polas sepulturas de inhumación individual con túmulos. Os túmulos son montículos de terra, xeralmente circulares ou ovalados, construídos sobre sepulturas, tanto individuais coma colectivas. É frecuente o depósito de restos óseos de animais nos enterramentos, ao igual que a existencia de enterramentos dobres.
Xeneralízase o uso do bronce, con producións en serie, realizadas con moldes de pedra. A base económica fundamental foi a metalurxia, xa que permitía a aparición de melloras no armamento e nos útiles domésticos. Proliferan os adornos en metal.
Os lugares de habitación non son moi grandes e están situados en zonas altas, con defensas naturais, ás veces rodeados de murallas de madeira e terra, cun ou máis fosos. As vivendas son de planta rectangular ou trapezoidal, construídas con madeira e materiais perecedoiros.
As sepulturas son tumularias, agrupadas en necrópoles, ás veces ao longo de vías naturais de comunicación. Os enxovais son ricos, sobre todo constituídos por armas.
Danse principalmente dúas culturas, ambas dúas na Península Itálica:
Desenvólvese unha industria do bronce moi activa. Os enxovais son máis pobres que en épocas precedentes.
O Bronce tardío desenvólvese cara a 1300 a.C. - 700 a.C. e caracterízase pola incineración dos cadáveres, práctica que continúa en Polonia até o ano 500 a.C. dentro xa da Idade de Ferro no período cultural Hallstatt, (700 a.C. - 450 a.C.).
Dáse a Cultura dos Campos de Urnas, caracterizada polas súas necrópoles de incineración e a grande expansión que levaron a cabo no século XIII a.C.
Os pobos indoeuropeos occidentais afincados ao norte dos Alpes compartían unha cultura común desde o século XV a.C. (Cultura dos Túmulos). No século XIII estendérase o costume da incineración e o depósito das cinzas nas características urnas. Coincidindo con este fenómeno cultural, estes pobos, entre os que se encontran os celtas, itálicos e ilirios, inician unha rápida expansión que os leva a conquistar gran parte dos Balcáns e porcións menores de Europa occidental. Tamén destruíron o Imperio Hitita, apoderándose do segredo da metalurxia do ferro. Posteriormente (s. XII) proseguiron as súas campañas por mar, atacando Exipto e colonizando Filistea. Case con seguridade, estes centroeuropeos, xa helenizados, constitúen a misteriosa orixe dos dorios que invadirían Grecia no século I, destruíndo a civilización micénica (véxase Micenas).
Hábitat:
Acostuman ter defensas artificiais ou naturais, e en ocasións ambas. As casas constrúense maioritariamente con madeira e barro, en forma rectangular e trapezoidal.
Enterramentos:
O común é o rito da incineración. Hai tamén outras variantes:
No enxoval acostuma haber cerámica e metais. Ás veces as necrópoles están delimitadas por recintos rituais, xeralmente foxos, de planta circular ou cuadrangular.
Economía:
Hai abundancia de muíños de pedra, brosas de bronce e fouciños, e tamén hai existencia de celeiros. Hai proliferación de oficios e especialización artesanal. Con respecto ao comercio, intensifícanse as relacións comerciais. Melloran os transportes co uso do carro e do cabalo como animal de tiro. Nace o comercio do sal e iníciase a produción de vidro. A cerámica e a ourivaría experimentan un auxe, multiplicándose tamén os centros metalúrxicos.
Dáse a Cultura de Montelius, a cal presenta as seguintes características:
Hai diferenzas rexionais, aínda que se acentúa a influencia da Cultura dos Campos de Urnas, sobre todo nas armas, e influencias fenicias. A economía é agrícola, e os cabalos úsanse, tanto para tiro coma elemento de prestixio.
No sur da Península Itálica dáse un importante comercio con Grecia e co norte da propia península. Hai necrópoles de incineración, con cremacións individuais. Os asentamentos acostuman situarse en lugares elevados, e fortifícanse con murallas. A cerámica faise á man.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.