Selandia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Selandia[Cómpre referencia] (Sjælland en dinamarqués) é a illa máis grande de Dinamarca con 7.031 km². Está situada entre o estreito de Kattegat (ao norte) e o mar Báltico (ao sur), separada da rexión sueca de Escania polo estreito de Sund (ao leste) e de Fionia polo Gran Belt (ao oeste). É a illa máis grande (agás Groenlandia) e a illa máis populosa de Dinamarca cunha poboación de 2.267.659 habitantes (39% do total de Dinamarca en xaneiro de 2016).[1]
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2015.) |
Selandia | |
---|---|
Localización da illa | |
Illa de Selandia (dan.: Sjælland) entre os estreitos dinamarqueses, outras illas danesas, e Suecia | |
Situación | |
País | Dinamarca |
Mar | Mar Báltico |
Coordenadas | 55°30′N 11°45′L |
Xeografía | |
Superficie | 7.031´02 km² |
Longura máxima | 132 km. |
Largura máxima | 116 km. |
Punto máis alto | 122´9 m. Kobanke |
Demografía | |
Capital | Copenhague (pob. 1.181.239) |
Poboación | 2.267.659 hab. (2016) |
Densidade | 354´3 hab./km² |
- Este é un artigo sobre unha illa dinamarquesa. Para a provincia dos Países Baixos, consulte Zelandia
É a illa número 96 do mundo por superficie e a 35ª máis populosa. Está conectado con Fionia pola Ponte do Gran Belt, a Lolland, Falster (e Alemaña a partir de 2028) pola Ponte Storstrøm e as Pontes Farø. Selandia tamén está vinculada a Amager por cinco pontes. Selandoa está unida indirectamente, a través de illas intermedias por unha serie de pontes e túneles, ao sur de Suecia.
Copenhague, a capital de Dinamarca, atópase en parte na costa oriental de selandia e en parte na illa de Amager. Outras cidades en Selandia son Roskilde, Hillerød, Næstved e Helsingør. A illa non está unida historicamente á nación do Pacífico de Nova Zelandia, que se chama así pola provincia holandesa de Zelandia.