A carpintaría[1] ou carpintería[2] é unha actividade comercial na cal o traballo primario é o corte, a creación e a instalación de materiais de madeira para a construción de edificios, barcos, pontes, piares etc. Tradicionalmente, os carpinteiros traballaron con madeira natural, mais hoxe moitos outros materiais son tamén empregados.[3] É tamén común que a habilidade da carpintaría sexa aprendida para conseguir o traballo a través dun programa de adestramento formal. A carpintaría nos Estados Unidos, así como na meirande parte do mundo, é case sempre unha actividade realizada polos homes. Cun 98,5% de carpinteiros homes, era a cuarta ocupación máis dominada polo xénero masculino nese país en 1999.[4] Nesta liña, en Galicia, menos do 5% dos estudantes dos ciclos formativos de madeira eran mulleres en 2008.[5]

Thumb
Carpinteiros traballando.

Etimoloxía

A palabra "carpinteiro" é a interpretación galega da palabra do francés antigo carpentier (máis tarde, charpentier) o cal deriva dende o latín carpentrius [artifex], "(fabricante) dun transporte".[6]

Carpintaría en Galicia

Thumb
Carpinteiros de baloira armando un teito (Alemaña, 1992)

Xaquín Lorenzo recolle diferentes tipos de carpinteiros na cultura popular galega[7]:

  • Carpinteiro de taller: artesán que traballa nun obradoiro, que normalmente está na súa propia vivenda.
  • Carpinteiro de armar: aquel que se adica a montar as armazóns do teito, botar os pisos de madeira de corredores e sobrados. Tamén coñecidos como carpinteiros de baloira[8]
  • Ebanista: o que, mediante técnicas máis finas, labra a madeira para facer mobles. En Galicia, usando máis comunmente, madeira de nogueira e castiñeiro.
  • Carpinteiro de ribeira: traballa na construción e conservación de barcos de madeira.
  • Os que estaban especializados na elaboración dun útil como, por exemplo[9]: o fragueiro (carros), rodeiro (rodas), xugueiro (xugo), torneiro (madeira torneada), cubeiro (bocois).

Refraneiro[10]:

  • Ollo de barbeiro, metro de carpinteiro.
  • Na casa do ferreiro coitelo de pau e na do carpinteiro a porta no chau.
  • Machada de carpinteiro, calzón de ferreiro, e filla de taberneiro non as queiras por ningún diñeiro.
  • Na casa do carpinteiro a porta no chau.
  • Na casa do carpinteiro sentarse no chau.

Cantigueiro:

  • Aprendin á carpinteiro/ n'a vila de Guimaráns./ Fago cangallas pra os pòrcos/ e tarambollos para os cans[8].
  • Non te cases cun ferreiro/ que o pican as moxicas;/ cásate cun carpinteiro/ que fai as arcas bonitas[11]
Thumb
Carpinteiros en Bnei Brak (Israel) na década de 1920

Estudos:

Hoxe en día, en Galicia existen diferentes estudos de ciclos de Formación Profesional que permiten aprender e capacitarse como carpinteiro ou carpinteiro de ribeira con altas taxas de incorporación laboral:[12][13][14][15]

  • Ciclo formativo de grao básico de carpintaría e moble.
  • Ciclo formativo de grao básico de mantemento de embarcacións deportivas e de recreo.
  • Ciclo formativo de grao medio de mantemento de estruturas de madeira e moblaxe de embarcacións de recreo.
  • Ciclo formativo de grao medio de carpintaría e moble.
  • Ciclo formativo de grao medio de instalación e amoblamento.
  • Ciclo formativo de grao superior de deseño e amoblamento.

Instrumental

Thumb
Ferramentas: trenchas (parte inferior), garlopas e garlopíns (parte superior dereita), trade (parte superior esquerda)

Algunhas das ferramentas empregadas na carpintaría son: a machada, a aixola, o banco de carpinteiro, serra, serrón, garlopa e garlopín, lapis de carpinteiro, cepillo, mazo, martelo, trade, trencha, alicate, tenaces ou desaparafusador, por citar algún exemplos.

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.