política monegasca From Wikipedia, the free encyclopedia
Caroline Louise Marguerite Grimaldi, nada en Mónaco o 23 de xaneiro de 1957, é a filla máis vella dos príncipes Rainiero III e Grace de Mónaco. Está casada co Príncipe Ernsto Augusto de Hanover, herdeiro do desaparecido reino de Hanover.[1]
Carolina naceu o 23 de xaneiro de 1957 no Palacio do Príncipe, Mónaco. É a fillo máis vella de Rainiero III, príncipe de Mónaco, pertencente á casa de Grimaldi, e da súa esposa, a actriz estadounidense Grace Kelly. Foi a herdeira presunta do principado dende o seu nacemento ata o 14 de marzo de 1958, cando naceu o seu irmán o príncipe Alberte. O 1 de febreiro de 1965 naceu a súa irmá máis nova, a princesa Estefanía. A través da súa nai, é de orixe irlandesa e alemá.[2][3]
Cando era nena, Carolina pasou tempo na casa dos seus avós maternos, John B. Kelly, Sr. e Margaret Kelly (nada Major), en Filadelfia, Pensilvania. Ademais de visitar a familia da súa nai nos Estados Unidos, pasou o verán de 1971 no campamento Oneka, no Poconos, aos 14 anos. Mentres estaba alí, sen sabelo os seus pais, Carolina foi protexida polo servizo secreto dos Estados Unidos.[4] A súa nai morreu o 14 de setembro de 1982.
A princesa recibiu o seu bacharelato francés en 1974 con honores. Tamén foi educada na St Mary's School Ascot. Carolina continuou os seus estudos na Universidade da Sorbona, onde se diplomou en filosofía e estudou psicoloxía e bioloxía.[5] Fala francés, inglés, castelán, alemán e italiano.[6]
En 1979, a princesa Carolina foi designada polo seu pai como presidenta do Comité Monegasco para o Ano Internacional do Neno. Dous anos despois, en 1981, estableceu a súa propia fundación Jeune J'écoute.[5] Outras organizacións filantrópicas coas que Caroline estivo involucrada inclúen a Asociación Mundial de Amigos dos Nenos (AMADE),[7] a Fundación Princess Grace,[8] a Fundación Prince Pierre,[9] o Peter Le Marchant Trust e a UNICEF.
Despois da morte da súa nai en 1982, Carolina exerceu de facto como primeira dama de Mónaco ata que o seu irmán casou con Charlene Wittstock en 2011.[10][11] Asiste regularmente a eventos sociais importantes en Mónaco relacionados coa familia principesca monegasca, como as celebracións do Día Nacional,[12] o Rose Ball anual, o Cross Red Ball e o Gran Premio de Mónaco de Fórmula Un.
Debido ao seu compromiso coa filantropía e as artes, Caroline foi nomeada embaixadora de boa vontade da UNESCO o 2 de decembro de 2003.[13] A UNICEF honrouna co Children's Champion Award o 20 de maio de 2006.
Carolina estivo relacionada romanticamente con varios homes coñecidos, como Mark Shand (irmán de Camila de Cornualla), Guillermo Vilas, Henri Giscard d'Estaing (fillo de Valéry Giscard d'Estaing) ou o cantante francés Philippe Lavil.[6] Tralo seu primeiro divorcio estivo comprometida por un tempo breve con Robertino Rossellini, fillo de Roberto Rossellini e Ingrid Bergman e entre o seu segundo e terceiro matrimonio mantivo unha relación co actor francés Vincent Lindon.[14]
O primeiro marido de Carolina foi o banqueiro parisiense Philippe Junot (nado o 19 de abril de 1940). Casaron polo civil en Mónaco o 28 de xuño de 1978 e polo relixioso o día seguinte.[15] Á cerimonia acudiron 65 convidados, incluídas estrelas de Hollywood como Ava Gardner, Cary Grant e Frank Sinatra.[16] A parella non tivo fillos e divorciouse o 9 de outubro de 1980. En 1992, a igrexa católica concedeu á princesa a nulidade matrimonial.
O seu segundo marido foi o deportista e herdeiro dunha fortuna industrial Stefano Casiraghi (8 de setembro de 1960 – 3 de outubro de 1990). Casaron polo civil en Mónaco o 29 de decembro de 1983. Stefano Casiraghi faleceu nun accidente nun bote de velocidade en 1990. O matrimonio tivo tres fillos:
Aínda que os seus pais non casaron pola igrexa, os nenos foron lexitimados polo papa Xoán Paulo II en febreiro de 1993, oito meses despois da anulación do matrimonio entre Carolina e Junot.
O terceiro matrimonio da princesa foi co príncipe Ernesto Augusto de Hanover, duque de Brunswick. A parella casou o 23 de xaneiro de 1999 e tiveron unha filla:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.