Caroi, Cerdedo-Cotobade
parroquia civil do concello de Cerdedo-Cotobade From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Cerdedo-Cotobade From Wikipedia, the free encyclopedia
Santiago de Caroi é unha parroquia do concello de Cerdedo-Cotobade. Segundo o IGE en 2016 tiña 128 habitantes (61 homes e 67 mulleres), 29 menos ca en 2006. Dos 12 lugares da parroquia, están habitados 11.
Caroi | |
---|---|
Caroi | |
Concello | Cerdedo-Cotobade[1] |
Provincia | Pontevedra |
Coordenadas | 42°29′10″N 8°25′01″O |
Área | 12,5 km² |
Poboación | 109 hab. (2019) |
Densidade | 8,72 hab./km² |
Entidades de poboación | 12[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
O topónimo posiblemente teña a súa orixe na raíz preindoeuropea kar (pedra), polo rochoso da zona. A parroquia pertenceu até 1904 ao veciño concello da Lama.
Caroi presenta un modelo de poboación típico do rural galego, cunha perda pequena e constante de veciños. No ano 2000, vivían no lugar (INE) 179 habitantes (82 homes e 97 mulleres). En 2001 tivo 184 habitantes, e desde entón a poboación comezou a decrecer.
Nesta parroquia, ademais da igrexa parroquial, están a capela do Neno Xesús e a capela de Santa Mariña, onde se celebra a romaría o 18 de xullo. En 1917 construíuse a escola de nenos, e en 1931 a escola de nenas, rehabilitada en 2013[2].
Hai tempo había na ladeira do monte Seixo nunha zona de neves perpetuas unha neveira de xeo usada para levar ao porto de Marín para conservar o peixe.
Lugares da parroquia de Caroi, no concello pontevedrés de Cerdedo-Cotobade | |
---|---|
A Bouza do Home | Bouzas | A Casola | A Cima de Vila | A Costa | O Coto | A Eirexe | Fraguas | A Graña | A Laxa | Medelo | O Porto |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.