Remove ads
político austríaco From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlos de Habsburgo-Lorena e Saxonia-Meiningen (en alemán: Karl Thomas Robert Maria Franziskus Bahnam Georg von Habsburg-Lothringen), nado en Starnberg, Baviera, Alemaña o 11 de xaneiro de 1961,[1] é un arquiduque austríaco, membro da familia imperial, hoxe non reinante, de Austria.
Na época do seu nacemento, o seu pai non posuía ningunha nacionalidade de facto, e vivía en Alemaña cun pasaporte diplomático español, mentres que a súa nai era cidadá alemá. Igual que o seu pai e os seus irmáns, Carlos tiña prohibido entrar en Austria nos primeiros anos da súa vida.
Pertence á casa de Habsburgo, cuxa xefatura ostenta desde 2007, ano en que sucedeu ao seu pai, o príncipe Odón de Habsburgo-Lorena, tras a renuncia deste.[2]
Os seus títulos son os de arquiduque e príncipe imperial de Austria e príncipe real de Hungría e de Bohemia. É o actual xefe da rama austríaca da Orde do Vélaro de Ouro.[3]
En Austria, ningún dos membros da casa de Habsburgo ten titularidade oficial dos seus títulos, polo que estes son honorarios e o seu nome legal o de Carlos Habsburgo-Lorena.
Foi membro do Parlamento Europeo, en representación do Partido Popular Austríaco, entre 1996 e 1999.
O arquiduque Carlos de Habsburgo é fillo de Odón de Habsburgo-Lorena (1912-2011) e da princesa Rexina de Saxonia-Meiningen (1925–2010). O seu avó foi o último emperador de Austria e rei de Hungría e de Bohemia, Carlos I/IV.
Dedicado á política, é o presidente e fundador da organización Paneuropa-Austria desde 1987. O 13 de outubro de 1996 foi elixido deputado do Parlamento Europeo polo Partido Popular de Austria.
Desde o 19 de xaneiro de 2002 é o Director Xeral da Organización de Nacións e Pobos non Representados (UNPO).
Tivo tamén breves incursións na televisión pública austríaca ORF, concretamente no programa Who Is Who ("Quen é quen?").[4][5].
O 1 de xaneiro de 2007 o seu pai renunciou aos seus dereitos dinásticos no seu favor, converténdose no xefe da casa Imperial de Austria e Real de Hungría e de Bohemia.
Preside o Comité Internacional de Escudos Azuis, equivalente cultural da Cruz Vermella para a preservación de monumentos e o patrimonio cultural.
O arquiduque Carlos de Habsburgo reside en Salzburgo desde 1981, na Casa Austria, coñecida antes como Vila Swoboda.[6]
O 31 de xaneiro de 1993, Carlos contraeu matrimonio coa baronesa Francesca Thyssen-Bornemisza, filla do barón Hans Heinrich von Thyssen-Bornemisza e da súa segunda esposa, Fiona Frances Elaine Campbell-Walter, na Santuario de Mariazell (Austria). O matrimonio ten tres fillos:
Desde o ano 2003, Carlos e Francesca encóntranse separados de forma amistosa.[7]
Desde 1986, Carlos de Habsburgo-Lorena é o presidente da rama austríaca da Unión Internacional Paneuropea. En outubro de 1996, foi elixido deputado no Parlamento Europeo polo Partido Popular Austríaco (ÖVP).
O 19 de xaneiro de 2002 foi nomeado Director Xeral da UNPO.
Desde o 7 de decembro de 2008 é o Presidente da Asociación de Comités Nacionais do Escudo Azul.
Predecesor: Odón de Habsburgo-Lorena |
Pretendente aos tronos de Austria, Hungría e Bohemia 2007 - Presente |
Sucesor: No cargo |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.