Carlos Pizarro Leongómez, nado en Cartaxena de Indias o 6 de xuño de 1951, e finado en Bogotá o 26 de abril de 1990, foi un guerrilleiro e político colombiano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 6 de xuño de 1952 Cartaxena de Indias, Colombia |
Morte | 26 de abril de 1990 (37 anos) Bogotá, Colombia |
Causa da morte | homicidio |
Lugar de sepultura | Cemiterio Central de Bogotá |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Colombia |
Relixión | Igrexa católica |
Educación | Universidade Nacional de Colombia Pontificia Universidade Xaveriana |
Actividade | |
Ocupación | político , avogado , guerrilleiro |
Partido político | Movemento 19 de Abril |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Fillos | María José Pizarro |
Irmáns | Hernando Pizarro Leongómez |
Máximo comandante do grupo guerrilleiro Movemento 19 de Abril (M-19) entre 1986 e 1990. Tras deixar as armas, asinar a paz co goberno e reintegrarse á vida civil, foi asasinado o 26 de abril de 1990 sendo candidato presidencial pola Alianza Democrática M-19,[1] movemento político que xurdiu do grupo guerrilleiro M-19 tras a súa desmobilización.
Traxectoria
Naceu o 6 de xuño de 1951 en Cartaxena de Indias, no seo dun fogar acomodado e de raíces conservadoras, fillo do almirante Juan Antonio Pizarro e Margoth Leongomez.
Estudou en varios colexios, tanto laicos como relixiosos, logo entrou ao colexio de La Salle en Bogotá onde se graduou como bacharel.
En 1969, iniciou os seus estudos de Dereito na Pontificia Universidade Javeriana, onde compartiu aulas con Ernesto Samper, Noemí Sanín, Carlos Vicente de Roux, Gustavo Gallón, Camilo Arciniegas, Mario Alario, Guillermo Bueno, Guillermo Márquez Amado, Gilberto Alzate Ronga e outros personaxes importantes na política colombiana.
Tras participar en movementos estudantís, Pizarro foi expulsado da Pontificia Universidade Javeriana por orquestrar unha folga (a única na historia desa institución). Entón ingresou á Universidade Nacional, aínda que finalmente abandonou os seus estudos para entrar na insurxencia.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.