política colombiana From Wikipedia, the free encyclopedia
María José Pizarro Rodríguez, nada en Bogotá o 30 de marzo de 1978,[1] é unha artista plástica, activista e política colombiana. Dende o 20 de xullo de 2022 exerce o cargo de Senadora da República de Colombia, en representación do Pacto Histórico. Entre 2018 e 2022 foi membro da Cámara de Representantes.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 30 de marzo de 1978 (46 anos) Bogotá, Colombia |
Membro da Cámara de Representantes de Colombia | |
Actividade | |
Ocupación | política |
Partido político | Lista da Decencia Colombia Humana |
Familia | |
Pai | Carlos Pizarro Leongómez |
Naceu o 30 de marzo de 1978, na cidade colombiana de Bogotá. Filla de Myriam Rodríguez e do exguerrillero e máximo líder do Movemento 19 de Abril (M-19), Carlos Pizarro Leongómez quen foi asasinado cando era candidato presidencial.[3]
Durante a súa infancia e mocidade tivo que vivir no exilio, entre Colombia, Ecuador, Nicaragua e Francia.[4] Regresou a Colombia cando o seu pai era candidato para as eleccións presidenciais de 1990 e volveu ao exilio despois o seu asasinato. En 2002 volveu un tempo do exilio e estabeleceuse en España para volver definitivamente ao país en 2010.[5] Realizou unha exposición no Museo Nacional de Colombia chamada: Ya vuelvo: Carlos Pizarro, una vida pola paz, que se presentouse en Bogotá, Cali e Barcelona.[6]
Ten estudos en xoiaría[7] e artes plásticas. Traballou coa Secretaría de Cultura, recreación e deporte de Bogotá (2011-2013), o Centro Nacional de Memoria Histórica (2013-2017) e como activista a prol da paz, a memoria histórica e en homenaxe ás vítimas do conflito armado en Colombia. Dedicou boa parte do seu traballo a reconstruír a memoria do seu pai.[8][9][10]
Postulouse nas eleccións lexislativas de Colombia de 2018 como membro da Cámara de Representantes, pola Lista da Decencia en Bogotá, obtendo a cuarta maior votación con 78 mil votos.[11] Tomou posesión do seu cargo o 20 de xullo do mesmo ano.
Postulouse nas eleccións lexislativas de Colombia de 2022, pola coalición Pacto Histórico nunha cota do partido MAIS.[12][13] Resultou elixida e tomou posesión o 20 de xullo do mesmo ano.
O 7 de agosto de 2022, na súa calidade de senadora, púxolle a banda presidencial ao presidente Gustavo Petro.[14]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.