From Wikipedia, the free encyclopedia
Carlo Blasis, nado en Nápoles o 4 de novembro de 1795 e finado en Cernobbio o 15 de xaneiro de 1878, foi un bailarín, coreógrafo e mestre de danza italiano. A súa actividade profesional e pedagóxica contribuíu ao perfeccionamento do ballet (Traité élémentaire, théorique et pratique de l'art de la danse, 1820; Code of Terpsichore, 1828).[1] Estudante de baile con Jean Dauberval, Carlo foi un bailarín e coreógrafo italiano, mestre e teórico da danza. Moi coñecido pola rigorosidade nas clases que impartía.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 4 de novembro de 1797 Nápoles, Italia |
Morte | 15 de xaneiro de 1878 (80 anos) Cernobbio, Italia (pt) |
Actividade | |
Ocupación | bailarín, mestre de ballet, coreógrafo, bailarín de ballet |
Profesores | Pierre Gardel (pt) , Salvatore Viganò (pt) , Auguste Vestris (pt) e Jean-Baptiste Blache (mul) |
Alumnos | Carlotta Brianza (en) e Giovanni Lepri (en) |
Descrito pola fonte | Obálky knih, Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
De orixe nobre, naceu en Nápoles do músico Francesco Antonio De Blasis, que traballou para darlle a mellor educación posible e seguilo persoalmente nos seus estudos musicais. A súa familia mudouse a Francia cando aínda era un neno e foi alí onde recibiu unha educación moi precisa en todos os campos do coñecemento: letras, matemáticas e xeometría, anatomía, arquitectura, debuxo e pintura. Estudou danza cos mellores mestres da época, incluídos Jean Dutarque, Jean-Baptiste Blache, Augusto Vestris, Pierre Gardel e Salvatore Viganò. Fixo o seu debut moi novo e obtivo un éxito considerable. Foi moi apreciado pola elegancia da súa danza, mais no auxe da súa carreira foi forzado a retirarse da escena debido a unha lesión nos pés.[2]
De 1818 a 1823 bailou no Teatro alla Scala de Milán en Dedalo e en La Spada di Kenneth de Salvatore Viganò e en 1819 interpretou a coreografía Il Finto Feudatario, que logrou pouco éxito.
Blasis foi mestre de baile na Rexia Academia Imperial de Danza anexa ao Teatro alla Scala de Milán, institución que dirixiu entre 1837 e 1850. Ao seu lado, como vicedirectora e profesora de mimo estaba a súa esposa Annunziata Ramaccini. O seu ensino superou á técnica: sensibilizou os estudantes sobre a necesidade de coñecer outras artes (pintura, escultura, música, literatura), para adestrar o bailarín sobre todo como ser humano e como artista.
Blasis era un home moi culto: ademais de bailarín, coreógrafo e profesor de baile, tamén foi compositor de música, escritor, deseñador e filósofo. Escribiu numerosos tratados e manuais sobre o ensino da danza e é considerado o fundador dun verdadeiro método didáctico do que descenden os grandes mestres de finais do século XIX e principios do século XX, a partir do seu alumno Giovanni Lepri, que á súa vez foi o mestre do grande Enrico Cecchetti.
Máis que polo seu traballo como coreógrafo, é coñecido por ser un gran teórico de baile. En 1820 publicou o Traité élémentaire, théorique et pratique de l'art de la danse no que analizou en profundidade os mecanismos de movemento. Este tratado continua a ser válido como un instrumento de ensino académico.
En 1828 publicou o Código de Terpsichore, unha especie de enciclopedia de danza que trata sobre a historia e a técnica do ballet.[3] O libro foi traducido ao francés baixo o título de Manuel Complet de la Danse en 1830.
En 1857 publicou en Milán o seu libro máis ambicioso: L'uomo fisico, intellettuale e morale, un texto sobre todo filosófico, no que se analiza a natureza e a estrutura do ser humano para chegar á expresión dos sentimentos a través das posturas e os movementos do corpo.
A el débese a invención da postura do ballet clásico chamado "attitude", inspirado na estatua de Mercurio por Giambologna. Blasis tamén fixou as regras dos arabescos, os tempos do adagio e dos enchainements (concatenacións de pasos), definiu os en dehors a 180 graos e fixou a estrutura da clase de baile cos exercicios na barra, o adagio, as piruetas e o allegro. Os elementos dos exercicios de barra foron todos deseñados por el e a estrutura da lección que definiu permaneceu igual durante máis dun século e medio.
Blasis como profesor e director da escola do teatro alla Scala en Milán adestrou e influenciou toda unha xeración de bailaríns, incluíndos Amalia Brugnoli, Lucile Grahn, Carlotta Grisi, Fanny Cerrito, Carolina Rosati, Carlotta Brianza, Pierina Legnani, Maria Giuri, Cecilia Cerri, Ester Teresa Ferrero, Virginia Zucchi, Sofia Fuoco, Claudina Cucchi e Giovanni Lepri, futuro mestre de Enrico Cecchetti. Entre os coreógrafos que estudaron con el estiveron Ippolito Monplasir, Giovanni Casati e Pasquale Borri.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.