xurista alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Carl Schmitt, nado en Plettenberg, Prusia, Imperio Alemán o 11 de xullo de 1888 e finado na mesma cidade o 7 de abril de 1985, foi un xurista alemán.
Schmitt foi un dos principais ideólogos do Movemento Revolucionario Conservador de Alemaña. Adscrito á escola do Realismo político e á teoría da orde xurídica, escribiu centrado no conflito social como obxecto de estudo da ciencia política, e máis concretamente a guerra. A súa obra atravesa os avatares políticos do seu país e de Europa no século XX. Militou no Partido Nazi, pero as ameazas das SS, que o consideraban un arribista, apartárono do primeiro plano da vida pública.
Schmitt distingue entre política e Estado: Toda vida en sociedade (con ou sen Estado, que é un fenómeno histórico) implica o político. Separa rigorosamente a política da economía, o dereito, do social e do moral. O criterio distintivo do político é a discriminación entre o amigo e o inimigo; esta non é unha definición, senón unha relación existencial, un signo de identificación. O inimigo político é sempre público e defínese como unha comunidade de intereses e de acción que se enfronta (polo menos virtualmente) con outro grupo da mesma natureza. Un pobo ten existencia política cando pode designar ao inimigo.
O ámbito político onde se revela a lóxica que opón o amigo ao inimigo é a guerra. A política está no momento decisivo en que se designa ao inimigo. A decisión política, que é a acción da autoridade soberana, consiste nesa designación. O soberano é aquel que decide politicamente, fóra de toda norma, e dispón da vida física dos homes.
O decisionismo de Carl Schmitt é unha das teorías máis importantes do século XX. Oposto ao normativismo de Hans Kelsen, inspirou aos teóricos René Capitant e Julien Feund.
A súa filla Anima Schmitt casou en 1957 co profesor de dereito compostelán Alfonso Otero Varela.
En 1962 Manuel Fraga nomeouno "Membro de Honra" do Instituto de Estudios Políticos de España.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.