From Wikipedia, the free encyclopedia
O Schutzstaffel (escoitar pronunciación) (axuda · info)(do alemán, escuadrón de protección), abreviado como SS (ᛋᛋ en alfabeto rúnico) foi unha organización militar e de seguridade do Partido Nazionalsocialista Alemán dos Traballadores (Partido Nazi) en Alemaña.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xaneiro de 2015.) |
As SS creáronse en 1925 como unha unidade de garda persoal para o líder nazi Adolf Hitler. Baixo o liderado de Heinrich Himmler entre 1929 e 1945, as SS medraron dunha pequena formación paramilitar ata converterse nunha das máis grandes e poderosas organizacións na Alemaña nazi. Os nazis fixeron das SS unha unidade de elite, a "Garda Pretoriana" do partido, cos seus membros escollidos baixo os seus principios de pureza racial e cunha lealdade incondicional cara ao Partido Nazi.
A diferenza co brazo político das SS, o Allgemeine-SS, o seu aparato militar, a Waffen-SS, evolucionou cara a un segundo exército alemán xunto coa Wehrmacht, operando en colaboración co exército regular, o Heer. A Waffen-SS gañou a reputación ao ter bos soldados, pero tamén gañou notoriedade pola súa excesiva brutalidade contra civís e prisioneiros de guerra. Os membros das Waffen-SS axudaron a esmagar o levantamento do Gueto de Varsovia, no que participaron numerosos xudeus polacos, e aniquilaron a uns cantos prisioneiros de guerra norteamericanos preto da cidade belga de Malmedy durante a Batalla das Ardenas en 1944.
As SS tiñan o seu propio sistema de rangos militares, diferente aos da Wehrmacht, aos do NSDAP ou aos doutras estruturas estatais. Tiñan tamén as súas propias insignias e uniformes.
Para manter o poder político do NSDAP, se lles outorgou ás SS a autoridade de establecer e promover o Sicherheitsdienst ou SD, o servizo de intelixencia e seguridade, e a Geheime Staatspolizei, máis coñecida como a Gestapo, a policía secreta do Estado nazi. Isto fixo que as SS se mantivesen por riba da lei.
Heinrich Himmler, o líder das SS, era un dos principais ideólogos da solución final. As Einsatzgruppen das SS (unidades de ataque móbil) asasinaron a moitos civís non combatentes nos territorios ocupados por Alemaña durante a segunda guerra mundial. As SS foron as responsables do mantemento e funcionamento dos campos de concentración e dos campos de exterminio, nos cales morreron millóns de persoas a causa dos tratos aos que eran sometidos, do sobreesforzo, da malnutrición, das cámaras de gas ou dos experimentos médicos. Despois da guerra, os Xuízos de Nüremberg en 1946 declararon ás SS como unha organización criminal acusada de xenocidio, crimes de guerra e contra a humanidade.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.