Cariclo foi unha ninfa, nai do afamado adiviño Tiresias.
Formaba parte do cortexo da deusa Atenea, da que era unha das preferidas. Un día que o mozo Tiresias andaba de caza, sorprendeunas bañándose na fonte Hipocrene, completamente núas, e Atenea castigou a súa ousadía deixándoo cego. Cariclo recriminoulle o que lle parecía unha crueldade e Atenea contestoulle que todo mortal que vise a un inmortal sen o consentimento deste, debía quedar cego, pero aceptou compensarlle a perda da vista outorgándolle tres dons.
Atenea lavoulle os oídos e así fixo que Tiresias puidese entender a linguaxe dos paxaros, concedéndolle así o don da profecía (que Zeus estendeu á súa vida despois de morto, cando estivese no Hades, de xeito que foi o único adiviño que conservaba esta facultade na outra vida). A esta capacidade de adiviñación sumouse unha vida extremadamente longa, equivalente a sete xeracións humanas [1] e, en terceiro lugar, deulle un bastón feito de cerdeira brava ou de sangomiño (Cornus sp), segundo as fontes, que lle permitía camiñar sen problemas, como o resto das persoas videntes [2].
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.