From Wikipedia, the free encyclopedia
Don Van Vliet, nado como Don Glen Vliet[1] o 15 de xaneiro de 1941 e fnado o 17 de decembro de 2010, foi un cantante, compositor, multiinstrumentista e artista visual estadounidense coñecido polo seu nome artístico Captain Beefheart. Dirixíu un grupo chamado The Magic Band formado por músicos que se rotaban, co cal gravou 13 álbums de estudio entre 1964 e 1982. A súa música mesturaba elementos de blues, free jazz, rock e música de vangarda con ritmos indiosincráticos, xogos de palabras absurdos, e o seu amplo rango vocal.[2] Coñecido pola súa enigmática personalidade, Beefheart construía frecuentemente mitos sobre a súa vida e era coñecdo por exercer un control case ditatorial sobre os seus músicos de apoio.[3] Aínda que conseguiu un pequeno éxito comercial,[4] foi un artista de culto e unha influencia "altamente significativa" e "incalculable" para moitos artistas do new wave, punk e rock experimental.[2][5]
Un prodixio artístico na súa infancia,[6] Van Vliet desenvolveu un gusto musical ecléctico musical durante a súa adolescencia en Lancaster, California, e formou unha amizade "mutuamente útil pero volátil" co músico Frank Zappa, co cal competía e colaboraba esporadicamente.[7] Comezou a actuar coa súa personaxe de Captain Beefheart en 1964 e uniuse á formación orixinal de The Magic Band, creada por Alexis Snouffer, ese mesmo ano. O grupo publicou o seu álbum de estrea, Safe as Milk, en 1967 a través de Buddah Records. Tras ter sido expulsado de dous selos o grupo fichou pola discográfica de Zappa Straight Records, onde editou Trout Mask Replica en 1969; o álbum sería posto no número 58 da lista da Rolling Stone dos 500 mellores álbums de todos os tempos, elaborada en 2003. En 1974, frustrado pola falta de éxito comercial, comezou a utilizar un son rock máis convencional, pero os seus seguintes álbums foron criticados; este movemento, xunto cunha xira europea non paga e anos de soportar un comportamento abusivo por parte de Beefheart, fixo que todas os membros da banda marchasen.
Beefheart finalmente formou unha nova Magic Band cun grupo de músicos novos e recuperou a aprobación da crítica cos seus tres derradeiros álbums: Shiny Beast (1978), Doc at the Radar Station (1980) e Ice Cream for Crow (1982). Van Vliet realizou moi poucas aparicións en público tras retirarse da música en 1982. Iniciou unha carreira nas artes, un interese que se orixinara durante a súa talentosa infancia coa escultura, e que lle resultou máis estable economicamente. As súas pinturas e debuxos expresionistas teñen prezos elevados e expuxéronse en galería e museos de todo o mundo.[8][9] Van Vliet morreu en 2010 despois de padecer esclerose múltiple durante moitos anos.[10]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.