Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A frauta doce é un instrumento de vento madeira tamén chamado frauta de bico. É a frauta máis habitual en Europa dende o ano 1500 até o 1750 aproximadamente. Na época medieval era de uso común entre xograis e trobadores. Reapareceu e fabricouse masivamente no século XX.
Nesta frauta sóprase pola embocadura de asubío, situada nun extremo, que dirixe o aire a unha abertura estreita realizada no tubo, e contra o bisel practicado na madeira.
As frautas pequenas, de orixe asiática, eran coñecidas en Europa no século XI. Cara 1500 adquiriu o seu aspecto actual. Estes instrumentos agrupábanse para tocar música de cámara, dende a frauta sopranino até a gran frauta baixa. A mediados do século XVII o construtor parisiense Jean Hotteterre comezou a súa construción en tres pezas cun extremo cónico máis pronunciado. A maioría da música orquestral composta entre 1600 e 1750 inclúe a frauta doce.
A frauta traveseira desprazou á de pico contra 1750. As frautas doces máis estendidas son a contralto (moi usada na música barroca) e a soprano ou discanto, usada hoxe nas escolas.
Entre as obras máis notábeis para este instrumento inclúese o Concerto de Brandeburgo nº 4 de Johann Sebastian Bach, sete concertos de Antonio Vivaldi e moitas sonatas de Georg Philipp Telemann. A frauta de bico está moi relacionada co flageolet, instrumento popular que apareceu a comezos do século XIX.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.