Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Discanto ou discantus pode referirse a varios conceptos en música, dependendo do período histórico de que se trate; etimoloxicamente, a palabra significa unha voz (cantus) por riba ou á parte doutras.
Un discanto é unha técnica de polifonía medieval na que un cantante canta o canto chan mentres outro entoa unha voz suplementaria, ben improvisada ou composta previamente. A palabra neste sentido vén do termo discantus supra librum (discanto "máis aló do libro"), e é unha forma de canto gregoriano na que só a melodía está anotada, mentres que se asume que irá acompañada dunha polifonía improvisada. O discantus supra librum ten regras específicas que rexen a improvisación das voces adicionais. Na música medieval o termo discanto serve para diferenciar o contrapunto que emprega o movemento contrario para distinguilo do órganum paralelo ou diafonía, no cal o canto chan e o contrapunto móvense en paralelo.
Máis tarde o termo pasou a significar, o tiple ou cantante soprano en calquera grupo de voces, ou a liña máis aguda nunha canción e, co tempo, no Renacemento, referiuse xeralmente ao contrapunto.
O discanto pode referirse tamén ao máis agudo dun grupo de instrumentos, particularmente viola ou frauta doce discanto. De igual maneira, pode aplicarse á clave soprano.
O discanto tamén pode referirse a unha melodía aguda, florida, cantada por unhas poucas sopranos para ornamentar un himno. Considérase forma discanto á sucesión de intervencións de solistas e do coro, acabando na cláusula.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.