![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/74/Capitalismo_rosa_Madrid.jpg/640px-Capitalismo_rosa_Madrid.jpg&w=640&q=50)
Capitalismo rosa
apropiación e asimilación capitalista da diversidade sexual / From Wikipedia, the free encyclopedia
O capitalismo rosa (ás veces tamén chamado gaipitalismo[1] ou capitalismo gai[2][3]) é un termo utilizado para designar, desde unha perspectiva crítica, a incorporación dos discursos do movemento LGTBI e a diversidade sexual ao capitalismo e á economía de mercado, incluíndo especialmente o modelo de home gai, cisxénero, occidental, branco e de clase media-alta.[4][5][6][7][8][9][10][11]
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/7/74/Capitalismo_rosa_Madrid.jpg/320px-Capitalismo_rosa_Madrid.jpg)
Consiste na obtención duns maiores beneficios ao incorporar ao consumo a sectores da poboación tradicionalmente discriminados, pero que adquiriron un poder adquisitivo suficiente, o denominado diñeiro rosa, como para xerar un mercado específico enfocado á comunidade gai, como bares e discotecas, turismo homosexual ou consumo cultural especializado.[12][13]
Mentres que a configuración de espazos para o consumo LGTBI pode ser visto como unha oportunidade para a homosocialización, o feito de definir patróns de consumo provoca unha asimilación da diversidade sexual cara a patróns sexuais e de comportamento aceptados socialmente, como a monogamia, o interese pola moda dominante ou a definición de estéticas corporais fixadas por canons publicitarios.[5][12][14][15]