A capela Notre Dame du Haut (nome completo en francés: Chapelle Notre-Dame-du-Haut de Ronchamp), coñecida informalmente como Ronchamp, é unha capela de culto católico construída entre 1950 e 1955 en Ronchamp, Francia polo arquitecto Le Corbusier, sendo un dos exemplos máis destacables de arquitectura relixosa no século XX.
Tipo | capela igrexa | |||
---|---|---|---|---|
Epónimo | Santa María | |||
Parte de | Obra arquitectónica de Le Corbusier | |||
Localización | ||||
División administrativa | Ronchamp, Francia | |||
| ||||
Características | ||||
Material usado | formigón | |||
Superficie | Patrimonio da Humanidade: 2,734 ha zona de protección: 239,661 ha | |||
Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade | ||||
Data | 2016 (40ª Sesión) | |||
Identificador | 1321-012 | |||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 11 de xuño de 2004 | |||
Identificador | PA00102263 | |||
Monumento histórico clasificado | ||||
Data | 8 de novembro de 1967 | |||
Identificador | PA00102263 | |||
Monumento histórico inscrito | ||||
Data | 5 de outubro de 1965 | |||
Identificador | PA00102263 | |||
Patrimoine du XXe siècle (en) | ||||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | 1956 | |||
Páxina web | collinenotredameduhaut.com | |||
Foi declarada Patrimonio da Humanidade como parte do conxunto «Obra arquitectónica de Le Corbusier - Contribución excepcional ao Movemento Moderno» no ano 2016. Recibe cada ano unhas 80.000 visitas.
Lugar
A capela atópase nun outeiro preto de Belfort, no leste de Francia. Nese lugar, existía unha capela de peregrinación adicado á Virxe María, pero foi destruído durante a segunda guerra mundial.[1]
Para algúns críticos, a natureza que rodea o conxunto arquitectónico posúe moitas semellanzas coa Acrópole de Atenas, dende o ascenso no fondo do outeiro ata os eventos arquitectónicos e da paisaxe ó longo do camiño, xa que non se pode ver o edificio ata que non se alcanza case totalmente o cume do monte.
Arquitectura
Le Corbusier abandona neste edificio os seus principios de estandarización e da máquina estética, construíndo un edificio específico para o lugar. A planta da igrexa está composta dunha nave de formas curvilíneas, con dúas entradas nos costados, un altar principal e tres capelas baixo as torres. No exterior, na súa fachada leste, e pechada polos muros e a cuberta, existe tamén un altar e un púlpito para a celebración de misas ao aire libre.
A súa estrutura é de formigón armado e cachotaría. A cuberta, composta exlusivamente de formigón armado, é o resultado da inversión dunha cúpula tradicional, sendo convexa cara a abaixo e cóncava cara a arriba. Está parcialmenta apoiada en piares, deixando unha franxa de separación entre a mesma e os cerramentos, pola cal penetra a luz ao interior.
Ampliación
En 2011 levouse a cabo unha obra de ampliación do conxunto, levada a cabo por Renzo Piano en colaboración co paisaxista francés Michel Corajoud. Esta ampliación non interfire na visión dende a capela e ábrese cara á paisaxe. Este novo edificio substitúe o antigo centro de visitantes.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.