![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bf/WW_Open_Canoe_in_Big_Water.png/640px-WW_Open_Canoe_in_Big_Water.png&w=640&q=50)
Canoa (deporte)
From Wikipedia, the free encyclopedia
A canoa[1] é un deporte ou actividade recreativa que implica vogar unha canoa cun só remo. Nalgunhas partes de Europa, a canoa como deporte refírese ao piragüismo e ao kayak ao mesmo tempo, cunha canoa denominada Canoa aberta. Algunhas persoas lles chaman "Canoas canadenses" mais Canadá non foi o único país que inventou "A Canoa".
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/bf/WW_Open_Canoe_in_Big_Water.png/640px-WW_Open_Canoe_in_Big_Water.png)
Un modo antigo de transporte, a canoa moderna foi estabelecida no século XIX. En 1924, asociacións de canoa desde Austria, Alemaña, Dinamarca e Suecia fundaron a Internationalen Representation for Kanusport, precursora da Internacional Canoe Federation. A canoa pasou a ser parte dos Xogos Olímpicos no verán de 1936.[2][3] A forma principal de deporte competitivo era canoa sprint. Entre outras están canoa polo, canoa en augas bravas, canoa maratón, ICF canoa maratón, e playboating. Unha forma de actividade recreativa de canoa é canoa cámping.
Existen diversas asociacions de canoa en América, Canadá, Reino Unido, Escocia, e Gales.