![cover image](https://wikiwandv2-19431.kxcdn.com/_next/image?url=https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/d/d3/James_Hunt_-_Dutch_GP_1976_crop.jpg/640px-James_Hunt_-_Dutch_GP_1976_crop.jpg&w=640&q=50)
Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976
From Wikipedia, the free encyclopedia
O Campionato Mundial de Fórmula 1 de 1976 é o campionato anual número 27 de Fórmula 1 organizado pola Fédération Internationale de l'Automobile (FIA). Con 16 Grandes Premios no calendario, deu comezo o 25 de xaneiro, e rematou o 24 de outubro.
Tipo | Fórmula 1 ![]() |
---|---|
Deporte | automobilismo ![]() |
Organizador | Federación Internacional do Automóbil ![]() |
Número de participantes | 55 ![]() |
Localización e Datas | |
Intervalo de tempo | 25 de xaneiro de 1976 – 24 de outubro de 1976 ![]() |
Número de edición | 27 (1976) ![]() |
Competición | |
Campionato do Mundo de pilotos de Fórmula 1 | James Hunt |
Campionato do Mundo de Construtores | Scuderia Ferrari |
![]() | |
Datos estatísticos | |
Carreires | 16 ![]() |
![Thumb image](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/3/35/James_Hunt_-_Dutch_GP_1976.jpg/640px-James_Hunt_-_Dutch_GP_1976.jpg)
Nunha extraordinaria tempada moi politizada, o campionato mundial foi para James Hunt cun punto sobre Niki Lauda, aínda que Ferrari acadou o título de construtores. A controversia iniciouse en España, onde Hunt foi inicialmente descualificado do primeiro lugar, para darlle á carreira a Lauda, só que a decisión se revogou despois dunha apelación meses máis tarde. As seis rodas do Tyrrell confundiron aos escépticos gañando en Suecia, con Lauda terceiro e Hunt quinto.
Hunt gañou en Francia e, en Gran Bretaña, pero foi descualificado logo dunha denuncia de Ferrari, a carreira reiniciouse tras unha primeira volta accidentada, Hunt a reiniciou cun automóbil de recambio o que estaba en contra das normas. Lauda converteuse no gañador da carreira.
En Alemaña Lauda tivo un grave accidente no que estivo a piques de morrer a causa das feridas. Hunt gañou a carreira.
Niki Lauda, tivo que perder varias carreiras como consecuencia das lesións sufridas no accidente do Gran Premio alemán. Milagrosamente, Lauda volveu en Italia e rematou cuarto, onde Hunt, Jochen Mass e John Watson foron relegados á parte traseira da grella por presuntas infraccións das normas.
Hunt gañou no Canadá e nos Estados Unidos, pero Lauda púxose a tres puntos a falta da carreira final. No Xapón cunhas espantosas condicións meteorolóxicas gañou Mario Andretti, na segunda volta Lauda renunciou por mor das perigosas condicións meteorolóxicas, Hunt finalmente terminou terceiro e acadou o título.
A película de 2013 Rush baséase nesta tempada, céntrase na rivalidade entre James Hunt e Niki Lauda.