O observatorio da Universidade Harvard, baixo a dirección de Edward Charles Pickering (1877-1919) e trala súa morte en 1919, con Annie Jump Cannon[1] tivo numerosas mulleres traballando como traballadoras cualificadas para procesar os datos das estrelas. Destacaron Williamina Fleming, Annie Jump Cannon, Henrietta Swan Leavitt e Antonia Maury. Estas mulleres tomaron o nome despectivo de Harén de Pickering na comunidade científica.

Thumb
Pickering e as Calculadoras diante do edificio C no Harvard College Observatory, 13 de maio de 1913

A decisión de contratar mulleres no lugar de homes veu motivada polo feito de que as mulleres gañaban moito menos (de 25 a 50 centavos por hora) que eles, polo que podía contratar máis que procesarían a gran cantidade de datos dos que dispoñían.

Elas traballaban en pares, unha observaba e a outra escribía. Posteriormente aplicaban as ecuacións matemáticas para coñecer, entre outros, a posición das estrelas. Pickering publicou o primeiro Catálogo Henry Draper con máis de 10 mil estrelas clasificadas por elas acorde ao espectro.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.