Os caimáns son os réptiles crocodilianos pertencentes á subfamilia Caimaninae (caimaninos),[1][2] que consta de tres xéneros e seis especies vivas, e é unha das dúas liñaxes primarias da familia Alligatoridae; a outra é a dos aligátores.
Caimaninae Rango fósil: 60 Ma-0 Ma Paleoceno—Actual (desde hai 60 millóns de anos) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Caiman yacare | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||
Caiman latirostris Daudincrrefwad, 1825 | |||||||||||||
Xéneros e especies | |||||||||||||
Ver texto |
Descrición
Os caimáns viven en Centroamérica e Suramérica en marismas, pantanos, mangleirais, ríos e lagos. Teñen unha pel escamosa e unha vida principalmente nocturna.
Son de tamaño relativamente pequeno, a maioría das especies miden entre 2 e 2,5 metros de longo de media, cun peso medio entre 6 e 40 kg dependendo das especies, coa excepción do Melanosuchus niger, que pode crecer ata os 5 m de lonxitude e pesar ata 1 100 kg, polo que é a especie de caimán máis grande do mundo e encóntrase nos ríos de correntes lentas e lagos que rodean a cunca do Amazonas. A especie menor é o Paleosuchus palpebrosus, que crece ata os 1,2 a 1,5 m.
Os caimáns distínguense dos aligátores, os seus parentes máis próximos, por unhas poucas características: a carencia de septo óseo entre as ventas dos fociños, teren unha armadura ventral composta por escudos óseos solapados formados por dúas partes unidas por unha sutura, e teren dentes relativamente máis longos e máis delgados que os dos aligátores. Os remaches de calcio das súas escamas fan a súa pel máis rexa que a dos aligátores e crocodilos, polo que a súa pel é menos valiosa para o comercio, aínda que ambas teñen a mesma aparencia, as dos caimáns son menos flexibles.[3] Coñécense varias formas extintas, como Purussaurus, un xénero xigante do Mioceno que medraba ata os 12 m e o igualmente grande Mourasuchus, que tiña un ancho morro parecido ao dun pato.[4]
Comportamento
Os caimáns son predadores e, como os aligátores e crocodilos, os caimáns teñen unha dieta que consiste en gran parte de peixes. Tamén cazan insectos (especialmente as crías), aves e pequenos mamíferos e réptiles.
Debido ao seu tamaño e natureza feroz, teñen poucos predadores naturais no seu medio ambiente. Os humanos son os seus principais predadores, xa que se cazan pola súa carne e pel. Os xaguares son o outro único predador dos caimáns.
Os caimáns femias constrúen un gran niño de ata 1,5 m de ancho, no cal poñen de 10 a 50 ovos, que eclosionan nunhas 6 semanas. Unha vez que eclosionan a nai leva as crías a unha poza onde aprenden a cazar e nadar.
Taxonomía
Existen 6 especies vivas de caimáns (ver as imaxes), clasificadas en tres xéneros: Caiman (3 especies), Paleosuchus (2 especies) e Melanosuchus (1 especie). Ademais coñécense moitas especies extinguidas.
- Subfamilia Caimaninae
- Xénero †Centenariosuchus
- Xénero †Culebrasuchus
- Xénero †Eocaiman
- Xénero †Globidentosuchus
- Xénero Paleosuchus
- Xénero †Purussaurus
- Xénero †Mourasuchus
- Xénero †Necrosuchus
- Xénero †Orthogenysuchus
- Xénero †Tsoabichi
- Clado Jacarea
- Xénero Caiman
- C. yacare
- C. crocodilus
- C. c. apaporiensis
- C. c. fuscus
- †C. lutescens
- †C. venezuelensis
- C. latirostris
- Xénero Melanosuchus
- †M. fisheri
- M. niger
- Xénero Caiman
Filoxenia
Velaquí un cladograma modificado de Brochu (2011).[5]
Alligatoridae |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Estoutro é un cladograma modificado de Hastings et al. (2013).[6]
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Notas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.