O caimán almiscreiro común[2] (Paleosuchus palpebrosus), é unha especie de pequeno caimán[3] suramericano presente en varios países: Bolivia, Brasil, Colombia, Ecuador, Güiana, Paraguai, Perú, Suriname e Venezuela. É unha das especies da orde Crocodilia menos ameazada, cuxas poboacións mantéñense estábeis.
Caimán almiscreiro común | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Paleosuchus palpebrosus' (Cuvier, 1807) | |||||||||||||||||
Distribución xeográfica do caimán almiscreiro |
Etimoloxía e nome
O seu nome científico deullo o zoólogo francés Frédéric Cuvier en 1807. O nome xenérico Paleosuchus vén do grego palaios 'antigo' e soukhos 'crocodilo'. Isto fai referencia á crenza de que este crocodiliano procedía dunha antiga liñaxe que diverxeu das outras especies de caimáns hai uns 30 millóns de anos. O nome específico palpebrosus deriva do latín palpebra 'pálpebra' coa terminación latina osus 'provisto de', e fai referencia á placas óseas que posúe sobre as pálpebras superiores.[4] O nome común de caimán anano de Cuvier que se lle dá nalgúns idiomas deriva do seu pequeno tamaño e do autor que o describiu.
Descrición e hábitat
Os machos alcanzan 1,6 metros de longura na idade adulta e as femias 1,2 metros. Son a especie de crocodilos máis pequena do mundo. Este tipo de caimán mostra en xeral preferencia por cursos de auga con corrente e sobre todo por aqueles onde a vexetación ofrece sombra. Nestes lugares as femias constrúen os seus niños, fabricados con follas secas. A posta usual consta de 5 a 9 ovos.
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.