Cadea pesada das inmunoglobulinas
From Wikipedia, the free encyclopedia
A cadea pesada das inmunoglobulinas (IgH) é a subunidade polipeptídica grande e máis pesada dun anticorpo (inmunoglobulina).
Un anticorpo típico está composto por dúas cadeas pesadas de inmnoglobulina (Ig) e dúas cadeas lixeiras. Hai varios tipos de cadea pesada que definen a clase ou isotipo dun anticorpo. Estes tipos de cadeas pesadas varían entre diferentes animais. Todas as cadeas pesadas conteñen unha serie de dominios de inmunoglobulinas, xeralmente cun dominio estrutural variable (VH), que é importante para a unión do antíxeno e varios dominios constantes (CH1, CH2 etc.). A produción da cadea pesada viable é un paso clave na maduración da célula B. Se a cadea pesada pode unirse a unha cadea lixeira surrogada e moverse á membrana plasmática, entón a célula B en desenvolvemento pode empezar a producir a súa cadea lixeira.[2]
A cadea pesada non sempre ten que unirse a unha cadea lixeira. Os prelinfocitos B poden sintetizar a cadea pesada en ausencia de cadea lixeira, o cal despois pode permitir que a cadea pesada se una a unha proteína de unión á cadea pesada.[3]