Cachena
From Wikipedia, the free encyclopedia
A cachena é unha raza de vacún de grande rusticidade, perfectamente adaptada ó medio no que se desenvolve onde aproveita uns recursos naturais para pacer que dificilmente serían aproveitados por outras razas bovinas. É un tipo de vaca galleira,[1] cos cornos longos cara a arriba e abertos para os lados.
Máis información Clasificación científica ...
Cachena | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Descrición da vaca cachena | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
|
Pechar
As cachenas son animais de pequeno tamaño e cornos de grandes proporcións. A súa área de orixe sitúase nas zonas montañosas dos concellos incluídos no parque natural Baixa Limia-Serra do Xurés, especialmente na aldea de Olelas, e nos contrafortes montañosas do homólogo parque nacional portugués de Peneda-Gerés.